Iván Villar
Ivan Villar Martínez, nado en Aldán (Cangas) o 9 de xullo de 1997 é un futbolista galego que xoga de porteiro no Celta de Vigo.
![]() (2024) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Iván Villar Martínez ![]() 9 de xullo de 1997 ![]() Aldán, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 183 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2013 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 1 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Traxectoria
editarProcedente do Rápido Bahía, fichou polo Celta de Vigo en idade alevín, pasando por tódolos equipos da canteira celeste ata o Celta de Vigo B, co que debutou en 2013 na Segunda División B, aínda en idade de xuvenil. Na tempada 2015/16 foi o primeiro porteiro do filial e na tempada seguinte, 2016/17, alternou o filial coas convocatorias do primeiro equipo, co que debutou na penúltima xornada da liga de Primeira División fronte ao Deportivo Alavés, da man do adestrador Eduardo Berizzo.[1]
No verán de 2017 rexeitou continuar no filial, pois preferiu intentar gañar un posto no primeiro equipo fronte aos gardametas Rubén Blanco e Sergio Álvarez.[2] Con todo, non dispuxo de ningún minuto e en xaneiro saíu cedido ao Levante, que buscaba un porteiro para suplir a baixa do lesionado Raúl Fernández.[3] No equipo valenciano non chegou a debutar, sendo o gardameta titular Oier Olazábal. Na tempada 2018/19 regresou ao Celta B, co que disputou 39 partidos.
Na campaña 2019/20 foi o terceiro porteiro do primeiro equipo, e disputou os últimos partidos da tempada, tralas lesións de Sergio e Rubén Blanco. Os problemas destes gardametas continuaron na 2020/21, polo que Iván Villar puido xogar 23 partidos durante o ano.
Selección española
editarFoi internacional coa selección española sub-17,[4] coa sub-19 e coa sub-21,[5] e en xullo de 2021 viaxou a Toquio para participar nos Xogos Olímpicos de 2020.[6] O seleccionador Luis de la Fuente elixiuno como terceiro porteiro, por detrás de Unai Simón e Álvaro Fernández. Aínda que non chegou a debutar no torneo, conseguiu a medalla de prata despois de que o seu equipo xogase e perdese a final contra o Brasil de Dani Alves.[7]
Selección galega
editarFoi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[8]
Notas
editar- ↑ "Iván Villar, un debut solo ante el peligro". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "Iván Villar le dice no al filial del Celta". Marca (en castelán). 14 de xullo de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "El Levante se hace con la cesión del portero del Celta Iván Villar para suplir a Raúl". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "El portero Iván Villar, convocado con la selección española sub 17". Faro de Vigo (en castelán). 31 de agosto de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "Iván Villar, citado por primera vez por la selección sub-21". Faro de Vigo (en castelán). 25 de agosto de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ Bernardo, Julio (30 de xuño de 2021). "Iván Villar, a los Juegos Olímpicos de Tokio". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "Brasil fue mejor, tocó plata" (en castelán). 7 de agosto de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Berto Carballo (14 de abril de 2016). "Iván Villar, el guardián de O Morrazo". Canteira Celeste (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).