Fosfatase ácida
A fosfatase ácida (EC 3.1.3.2, denominadas cos nomes fosfomonoesterase ácida, fosfomonoesterase, glicerofosfatase, monofosfatase ácida, fosfohidrolase ácida, fosfomonoéster hidrolase ácida, uteroferrina, nucleósido difosfato fosfatase ácida, monoéster ortofosfórico fosfohidrolase (óptimo ácido)) é un encima do tipo das fosfatases, utilizado para quitar grupos fosforilo unidos a outras moléculas durante a dixestión intracelular. Pode ser clasificada como unha fosfomonoesterase. A fosfatase ácida almacénase nos lisosomas e funciona cando estes se fusionan con endosomas, os cales durante o seu funcionamento están acidificados; polo que o encima ten un pH óptimo ácido.[1] Este encima está presente en moitas especies de animais, plantas e microorganismos.[2]
Fosfatase ácida | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 3.1.3.2 | ||||||||
Número CAS | 9001-77-8 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
|
Atópanse diferentes formas de fosfatase ácida en distintos órganos, e os seus niveis no plasma utilízanse para avaliar o éxito do tratamento cirúrxico do candro de próstata e no pasado para o seu diagnóstico.[1]
A fosfatase ácida cataliza as seguintes reaccións a un pH óptimo ácido (inferior a 7):
- Monoéster ortofosfórico + H2O → alcohol + H3PO4
Os encimas fosfatases on tamén utilizados polos microorganismos que viven no solo para acceder os nutrientes que teñen fosfatos unidos a compostos orgánicos. Pode utilizarse unha proba para medir as taxas de actividade destes encimas para estimar a demanda biolóxica de fosfatos no solo.
Certas bacterias como Nocardia asteroides, poden degradar este encima cando están no interior de macrófagos murinos e utilizalo como fonte de carbono, o que potencia o seu crecemento.[3]
Fosfatases ácidas óseas
editarA fosfatase ácida resistente ao tartarato pode utilizarse como marcador biolóxico da función dos osteoclastos durante o proceso de resorción ósea.[4]
Xenes
editarOs seguintes xenes codifican os compoñentes polipeptídicos para varios isoencimas de fosfatase ácida.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Henneberry, M.O.; Engel, G.; Grayhack, J.T. (outubro de 1979). "Acid phosphatase". The Urologic clinics of North America (en inglés) 6 (3): 629–41. Consultado o 11 May 2015.
- ↑ Bull, H.; Murray, P.G.; Thomas, D.; Fraser, A.M.; Nelson, P.N. (abril de 2002). "Acid phosphatases". Molecular Pathology (en inglés) 55 (2): 65–72. Consultado o 11 de maio de 2015.
- ↑ L Beaman, M Paliescheskey, e B L Beaman. Acid phosphatase stimulation of the growth of Nocardia asteroides and its possible relationship to the modification of lysosomal enzymes in macrophages. Infection and Immunity. 1988 Jun; 56(6): 1652–1654. PMCID: PMC259451 [1]
- ↑ Minkin, Cedrick (1982). "Bone Acid Phosphatase: Tartrate-resistant Acid Phosphatase as a Marker of Osteoclast Function". Calcified Tissue International (en inglés) 34: 285–290. Consultado o 11 de maio de 2015.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Acid phosphatase Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- EC 3.1.3.2