Forza Aérea de Suráfrica
A Forza Aérea de Suráfrica (SAAF) (afrikaans: Suid-Afrikaanse Lugmag) é a Forza Aérea de Suráfrica. Foi creada o 1 de febreiro de 1920 e ten a súa sede en Pretoria. A SAAF loitou na segunda guerra mundial e na guerra de Corea. Dende 1966 viuse envolta proporcionando apoio á infantaría nunha guerra de baixa intensidade (guerra da fronteira de Suráfrica) en Angola, África do Suroeste (Namibia) e Rodesia. A medida que a guerra progresaba, a intensidade das operacións aéreas incrementouse ata que a finais dos anos 80 a SAAF viuse obrigada a realizar misións de caza contra avións angolanos para manter a superioridade aérea táctica. Ao remate da guerra da fronteira en 1990, o número de avións reducíuse severamente debido a presións económicas e ao cesamento das hostilidades cos estados veciños. No presente a SAAF ten unha capacidade de combate aéreo limitada e estruturouse para realizar operacións de cara ao mantemento da paz rexional, de axuda en desastres ou de patrulla marítima.
Forza Aérea de Suráfrica | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | forza aérea ![]() | |||
Parte de | Força Nacional de Defesa da África do Sul (pt) ![]() ![]() | |||
Bandeira | ![]() | |||
Actividade | ||||
Elemento operado
| ||||
Data | ||||
Fundación | 1 de febreiro de 1920 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Suráfrica ![]() | |||
Localización | Pretoria ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |