AgustaWestland AW109

O AgustaWestland AW109, orixinalmente Agusta A109, é un helicóptero bimotor lixeiro multipropósito de oito asentos fabricado polo construtor italiano Leonardo S.p.A. (anteriormente AgustaWestland, fusionada coa nova Finmeccanica dende 2016).[1] Foi o primeiro helicóptero totalmente italiano en ser producido en masa.[2]

AgustaWestland AW109
Tipohelicóptero de busca e rescate/utilitario
FabricanteAgusta
AgustaWestland
Leonardo S.p.A.
Primeiro voo4 de agosto de 1971
Introducido1976
Principais usuariosArmada de Italia
Rega
Forza Aérea de Suráfrica
Real Forza Aérea de Nova Zelandia
Produción1971 - presente
VariantesAgustaWestland AW109S Grand

Desenvolvido como o A109 por Agusta a partir de finais dos anos 60, entrou en servizo orixinalmente en 1976 e dende entón foi usado en distintos roles, como transporte lixeiro, evacuación médica, busca e rescate, e roles militares. O AW109 leva fabricándose 40 anos. O AgustaWestland AW119 é un derivado da serie AW109 sendo as súas principais diferenzas que ten un único motor e un tren de aterraxe fixo.

Tras a fusión de Agusta e a compañía británica Westland Helicopters para formar AgustaWestland, o A109 foi rebautizado AW109. Tamén se perseguiu a implicación internacional no programa; a empresa estableceu liñas de montaxe final en sitios tanto de Italia como dos Estados Unidos. Ademais, centos de fuselaxes do AW109 foron fabricados pola contstrutora polaca PZL-Świdnik dende mediados dos 90. AgustaWestland formou unha asociación con Changhe Aircraft Industries Corporation en 2004 que fabrica e dá apoio ao AW109, e que inclue unha liña de montaxe na China.

  1. "Finmeccanica approves merger and spin-off operations for the implementation of the divisionalisation process - DETAIL - Leonardo - Finmeccanica". web.archive.org. 2016-08-08. Archived from the original on 08 de agosto de 2016. Consultado o 2022-05-20. 
  2. "Law Enforcement: Italy" (PDF). Police Aviation News. p. 4. Consultado o 20 de maio de 2022.