No folclore de Escocia, Norte de Inglaterra e illa de Mann, o first-foot (literalmente en inglés "primeiro pé", en escocés: ciad-chuairt, manx: quaaltagh/qualtagh) é a primeira persoa que entra na casa dun fogar o día de Ano Novo e é visto como un portador de boa fortuna para o ano que vén.[1] [2] Prácticas semellantes tamén se atopan nas tradicións do ano novo grega, vietnamita e xeorxiana.

Orixe editar

As orixes do first-footing é incerta,[1] [3] [4] aínda que pode haber unha conexión coa invasión viquinga das illas británicas: "Isto pode remontarse á época dos viquingos cando a chegada dun estraño louro na túa porta sería motivo de medo e alarma".[4]


Sempre que se suprime un ritual público moitos continúan noutra data. Moitos costumes de primeiro pé (traer carbón, chamar ás portas, cantar en grupo "Auld Lang Syne" para pasar do vello ao novo) paralelos aos do Samaín, o ano novo celta, para o que se recollía combustible (carbón, leña...), e se recollía alimentos, recitando versos porta a porta, e acendendo un lume ritual para dar a benvida cruzando o limiar ao outro mundo.

"Bastante grao de transferibilidade dos costumes ao longo do período entre Samhain... Nadal e Aninovo. Non está claro se isto representa unha tendencia natural a transferir celebracións que alegran os aburridos meses de inverno ou un esforzo relixioso concertado para disipar ou transformar festividades totalmente pagás, pero é probable que exista unha combinación de factores." [5]

Gran Bretaña editar

Norte de Inglaterra editar

A tradición do "primeiro pé" e como se realiza varía dun lugar a outro no norte de Inglaterra. Xeralmente, prefírese un varón alto e de pelo escuro sobre un home con cabelo claro ou incluso unha muller. Hai variacións rexionais sobre a cor do cabelo do primeiro pé, aínda que xeralmente deben ser masculinos. En Yorkshire e Humber, o first-foot debe ser de cabelo escuro, pero os de North York Moors deben ser de pelo claro.[6]


Moitas veces espérase que traian agasallos simbólicos e que os habitantes da casa que visitan lles dean comida e bebida a cambio:[1]

O 'first-foot' non entra na casa coas mans baleiras; calquera primeiro pé que chegue coas mans baleiras traerá mala sorte. Pola contra, o primeiro pé debe traer unha selección de agasallos para o fogar, que poden incluír; unha moeda de prata; "shortbread" ou un bolo negro; sal; carbón; e unha bebida, xeralmente whisky. Representan a prosperidade, a comida, o sabor, a quentura da casa e o bo ánimo: o whisky úsase para brindar polo ano novo.[6]

Escocia editar

A práctica do primeiro pé aínda é común en toda Escocia e varía dun lugar a outro como parte das celebracións de Hogmanay.[7] A sorte que trae consigo o first-foot determinará a sorte da casa durante o resto do ano.[7]

Xeralmente, o first-foot debe ser un varón alto e de pelo escuro que non estea xa na casa cando chega a media noite. [8] En moitas áreas, o first-foot debe traer consigo agasallos simbólicos como carbón, moedas, whisky ou bolos negros (black bun).[9] Comida e bebida entregarase ao first-foot e a calquera outro convidado. Moitas veces as mulleres e os homes de pelo claro ou vermello considéranse moi desafortunados.[10] En Escocia, o first-foot foi tradicionalmente máis elaborado que en Inglaterra, implicando un entretemento posterior.

Illa de Man editar

Na Illa de Man a práctica do primeiro pé tamén foi unha longa tradición. AW Moore no seu libro Folclore of the Isle of Man describiu a práctica:

O qualtagh (el ou ela) tamén pode ser a primeira persoa que entra nunha casa na mañá de Ano Novo. Neste caso é habitual poñer ante el ou ela a mellor "fare" (termo para 'tarifa' pero tamén para comida ofrecida) que poida permitirse a familia. Considerábase afortunado que o qualtagh fose unha persoa (preferindo un home a unha muller), de tez escura, xa que coñecer a unha persoa de tez clara neste momento, especialmente se o seu cabelo fose roxo, pensábase que sería moi desafortunado.[11]

Tradicionalmente, os mozos visitaban as casas da súa zona local o día de Ano Novo. Recitaban un poema en lingua manx en cada casa e entón un neno de cabelo escuro era considerado afortunado para a casa e dáballe a mellor comida e bebida que tiñan que compartir os habitantes.[12] [13]

Fóra das Illas Británicas editar

No folclore serbio, o polaznik, polažajnik, polaženik ou radovan, é a primeira persoa que visita á familia o día de Nadal.[15] Do mesmo xeito que a tradición do "primeiro pé", espérase que a visita asegure a boa sorte e o benestar da casa no ano seguinte. Moitas veces escóllese un home ou un neno con antelación para a visita na mañá de Nadal.[15]

Existen prácticas similares ao "primeiro pé" fóra das Illas Británicas. Por exemplo, en Suecia, onde ter un primeiro pé de pel clara e louro (ao revés que a tradición escocesa) considérase a maior benzón, mentres que as persoas máis escuras considéranse mala sorte. Nunha tradición grega semellante chamada pothariko, tamén chamada podariko (da raíz pod-, ou 'pé'), crese que a primeira persoa que entra na casa na Noitevella trae boa ou mala sorte. Moitos fogares a día de hoxe manteñen esta tradición e seleccionan especialmente quen entra primeiro na casa. Despois do primeiro pé, a señora da casa serve aos hóspedes con golosinas de Nadal ou dálles unha cantidade de diñeiro para asegurarse de que a boa sorte chegue no novo ano.

Unha tradición semellante existe en Xeorxia, onde a persoa se chama მეკვლე meḳvle (de კვალი ḳvali - 'paso', 'pegada', 'rastro'). Na lingua mingreliana, a persoa chámase მაკუჩხური maḳučxuri (de კუჩხი ḳučxi – 'pé'); e en lingua svanმჷჭშხი məč̣šxi (de ჭიშხ č̣išx – 'pé').

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Simpson, Jacqueline, Steve Roud (2000). New Year. Oxford University Press. ISBN 0-19-210019-X. 
  2. Page, Michael F.; Ingpen, Robert R. (1987). Encyclopedia of things that never were : creatures, places, and people. New York, N.Y. : Viking. ISBN 978-0-670-81607-1. 
  3. "What is First-footing and Can It Improve Your Year? – #FolkloreThursday" (en inglés). 2016-12-29. Consultado o 2023-07-15. 
  4. 4,0 4,1 "Happy Hoggo-nott?: The 'lost' meanings of Hogmanay". BBC News (en inglés). 2012-12-04. Consultado o 2023-07-15. 
  5. Religion, Atlantic (2013-10-28). "The meaning of Samhain". The Atlantic Religion (en inglés). Consultado o 2023-07-14. 
  6. 6,0 6,1 "What is First-footing and Can It Improve Your Year? – #FolkloreThursday" (en inglés). 2016-12-29. Consultado o 2023-07-14. 
  7. 7,0 7,1 "The History of Hogmanay". Historic UK (en inglés). Consultado o 2023-07-14. 
  8. "Hogmanay traditions old and new" (en inglés). 2009-12-30. Consultado o 2023-07-14. 
  9. "Heritage; What-first-footing-where-Scottish-Hogmanay-tradition-comes-and-common-first-footing-gifts". The Scotsman; scotsman.com (en inglés). 
  10. "The History of Hogmanay". Historic UK (en inglés). Consultado o 2023-07-14. 
  11. A. W., Moore (1891). "Chapter VI: Customs and Superstitions Connected with the Seasons". A Manx Notebook. Consultado o 1 August 2020. 
  12. "Quaaltagh". Culture Vannin. Consultado o 2023-07-15. 
  13. Gell, John (1954). Conversational Manx. Andreas: Yn Çheshaght Ghailckagh. pp. 19–20. ISBN 1-87-0029-10-0. 
  14. Entry for the headword "Quaaltagh or Qualtagh," in Archibald Cregeen, A Dictionary of the Manx Language (Douglas & London & Liverpool, 1835 [but 1837], 132b
  15. 15,0 15,1 Miles, Clement A. (2008). "The Yule Log". Christmas in Ritual and Tradition. Forgotten Books. pp. 192–99. ISBN 978-1-60506-814-5. consultado o 5 de agosto de 2020

Véxase tamén editar


Ligazóns externas editar