Finschhafen

cidade e porto en Nova Guinea

Finschhafen, tamén coñecida como Finschafen e Finschaven, é unha cidade e capital de distrito, situada no arrecife coralino da costa nordeste de Papúa Nova Guinea, a 80 km ao leste de Lae, a capital da provincia de Morobe.

Modelo:Xeografía políticaFinschhafen
Imaxe

Localización
Mapa
 6°36′S 147°51′L / -6.6, 147.85Coordenadas: 6°36′S 147°51′L / -6.6, 147.85
Reinos da CommonwealthPapúa Nova Guinea
ProvinciasMorobe Editar o valor em Wikidata
Capital de
Nova Guinea alemá (1885–1891) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.240 (2013) Editar o valor em Wikidata
Creación1885 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+10 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

O distrito de Finschhafen está composto por cinco áreas de "goberno local" (áreas de goberno de nivel local), que se diferencian en rurais e urbanas.[1] O distrito cobre aproximadamente 2 771 km², e en 2003 tiña unha poboación de 45 287 habitantes.[2] A poboación da cidade nese ano era de 1 240 habitantes.[Cómpre referencia]

Historia editar

A rexión onde se asenta foi cartografada polo navegante británico John Moresby entre 1873-1874.[3]

O porto natural foi descuberto en 1884 polo científico e explorador alemán Otto Finsch, ao que e cidade debe o seu nome.[3].

A cidade fundouse en 1885 como parte da colonia da Nova Guinea alemá e, a finais dese ano, no porto estableceuse un asentamento da Compañía de Nova Guinea (Neuguinea-Kompagnie). Dese 1886 a 1891, Finschhafen foi a capital da Compañía. En 1891, o asentamento foi abandonado debido a que unha epidemia de malaria provocou que a cidade fose abandonada polos donos das plantacións alemás e os funcionarios do goberno; a epidemia causou a morte do director xeral da Compañía. Só dez anos despois, en 1901, restableceuse.[3][4]

En xullo de 1886, tres misioneiros neoluteráns asentáronse na zona, creando unha misión,[3] en Simbang, preto de Finschhafen.[4] Desde a época colonial alemá en Nova Guinea, aínda existe a Sociedade Misioneira da Igrexa Luterana Evanxélica de Papúa Nova Guinea. En Butaweng, Finschhafen, o "Brown Memorial Hospital", dirixido pola Igrexa Evanxélica Luterana de Papúa Nova Guinea, está operando desde 1974.

De 1908 a 1910, o médico de Berlín Neuhauss Richard realizou investigacións no golfo de Huon e realizou 139 gravacións musicais en fonógrafos, a maioría entre os pobos da zona en torno a Finschhafen. As gravacións sobreviventes documentan unha parte da música de Nova Guinea que case non foi influída pola misión cristiá.[5]

Finschhafen foi ocupada polo Exército Imperial Xaponés o 10 de marzo de 1942 durante a segunda guerra mundial. Forzas australianas recapturaron a cidade durante a campaña da península de Huon o 2 de outubro de 1943, durante a batalla de Finschhafen.[Cómpre referencia]

Durante a segunda guerra mundial, a cidade tamén se coñeceu como Fitch Haven por algúns homes da Mariña estadounidense.[6]

O 2 de febreiro de 2012, o barco de pasaxeiros MV Rabaul Queen, que levaba 350 ou máis pasaxeiros a bordo, afundiu a nove millas da cidade, morrendo seis persoas, resultando feridas sete, e deixando máis de 300 desaparecidos.[7]

Notas editar

  1. National Statistical Office of Papua New Guinea
  2. Situational Analysis for Strategic Planning at District Level, Morobe Province National AIDS Council Papua New Guinea, 2005, ISBN 9980-86-010-3, p. 153.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Finschhafen". Encyclopædia Britannica. Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Deutsches Kolonial-Lexikon (1920), Volume I, p. 626 Arquivado 07 de marzo de 2021 en Wayback Machine..
  5. Dieter Christensen (1957): Die Musik der Kate und Sialum. Beiträge zur Musik Neuguineas. Freie Universität Berlin.
  6. Ensign N. T. Shows, Jr. "World War II Journal of Ensign N. T. Shows, Jr.". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2014. Consultado o 09 de xuño de 2019. 
  7. Updated at 10:23 pm on 5 February 2012 (5 de febreiro de 2012). "Radio New Zealand : News : World : Official death toll in PNG ferry sinking climbs to 6". Radionz.co.nz. Consultado o 9 de xuño de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar