Lae
- Para o atol das illas Marshall vexa : Atol Lae
Lae (tamén coñecida como Laé ou Lahe)[1] é unha cidade de Papúa Nova Guinea. Conta con 73.918 habitantes (2008) e é a segunda cidade máis poboada do país; por detrás da capital, Port Moresby. Está considerada como a capital industrial do país. É a capital da provincia de Morobe.

Historia editar
A cidade naceu a causa da febre do ouro producida entre 1920 e 1930. Ao igual que numerosas cidades de Papúa Nova Guinea, xurdiu nas proximidades dun aeródromo, o cal agora non se usa ao construírse o Lae Nadzab Airport.
En xullo de 1937, Lae saltou á escena mundial debido á desaparición da aviadora americana Amelia Earhart, a cal foi vista por última vez engalando aquí no seu camiño de volta aos Estados Unidos.[2]
Cando se deron unha serie de erupcións volcánicas en Rabaul en 1937, tomouse a decisión de trasladar a capital do Territorio de Nova Guinea a Lae.[3]
A segunda guerra mundial tamén afectou á cidade e, en 1942, esta foi ocupada polo Imperio do Xapón. Lae, Rabaul e Salamaua convertéronse nas principais bases xaponesas en Nova Guinea.[3] A mediados de 1943, despois das derrotas na campaña Kokoda Track, a Batalla de Buna-Gona e a Batalla de Wau, os xaponeses foron obrigados a retirarse de Lae, que foi eventualmente ocupada polos australianos.[3] Mais a campaña de Salamaua-Lae durou varias, semanas con feroces combates, antes de que a cidade caese en mans aliadas, o 16 de setembro.
Despois da segunda guerra mundial, a cidade de Lae desenvolveuse en base a plantacións de café e té e a construción dun porto. Máis tarde, melloráronse as estradas e a autoestrada Highlands Highway entrou en funcionamento. Durante o auxe mineiro da década de 1980 e 1990, aumentou a importancia de Lae como centro económico.[3]
En 1991, Lae e Port Moresby foron sede dos Xogos do Pacífico.
Xeografía editar
Lae está situada no Golfo de Huon (mar de Salomón), na desembocadura do río Markham. Ten unha temperatura máxima de 31 °C e unha mínima de 22 °C, cunhas precipitacións medias de 4630 mm.[4]
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Media maior (°C) | 31 | 31 | 30 | 30 | 29 | 28 | 27 | 27 | 28 | 29 | 30 | 30 | 29 |
Media menor (°C) | 23 | 23 | 23 | 23 | 22 | 22 | 22 | 22 | 22 | 22 | 23 | 23 | 22 |
Precipitacións (mm) | 280 | 230 | 320 | 400 | 410 | 420 | 520 | 520 | 430 | 400 | 320 | 330 | 4630 |
Demografía editar
A cidade de Lae é a segunda máis importante de Papúa Nova Guinea. A evolución demográfica de Lae nos últimos anos é negativa.[1]
Evolución da poboación de: Lae desde 1980 ata 2008
| |||
1980 | 1990 | 2000 | 2008
|
61 682 | 80 655 | 78 038 | 73 918 |
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "World Gazetteer: Lae". World Gazetteer. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ "Amelia Earhart" (en castelán). Biografíasyvidas.com. Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 www.encyclopedia.com (ed.). "Papua New Guinea" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ "Weathernase: Historical Weather for Lae, Papua New Guinea" (en inglés). Weatherbase.com. Consultado o 24 de setembro de 2011.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lae |