Filmes de Armenia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

artigo de listas da Wikimedia

Armenia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 2002. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]

Até o ano 2023, trece filmes armenios foron presentados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado. Tamén intentaron presentar un filme no ano 1991, sen éxito.

Propostas editar

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Armenia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
1991
(64ª)
Dzayn barbaro... Armenio Chaldranyan, VigenVigen Chaldranyan Descualificado
2001
(74ª)
Lrutyan Simfonia Armenio Chaldranyan, VigenVigen Chaldranyan Non nomeado
2003
(76ª)
Vodka Lemon Kurdo, armenio, ruso, francés Saleem, HinerHiner Saleem Non nomeado
2009
(82ª)
Hrashagortsi ashune Italiano Ruben Gevorkyants e
Vahe Gevorkyants
Non nomeado
2012
(85ª)
Ete bolore[6] Armenio Nataliya Belyauskene Non nomeado
2016
(89ª)
Zemletryasenie[7] Armenio Sarik Andreasyan Descualificado[8]
2017
(90ª)
Yeva[9] Armenio Anahit Abad Non nomeado
2018
(91ª)
Spitak[10] Armenio Alexander Kott Non nomeado
2019
(92ª)
Erken kisher[11] Armenio Edgar Baghdasaryan Non nomeado
2020
(93ª)
Soghomoni yergery[12] Armenio Arman Nshanian Non nomeado
2021
(94ª)
Si le vent tombe[13] Francés, armenio, inglés e ruso Nora Martirosyan Non nomeado
2022
(95ª)
Arshaluysi lusabats’y[14] Armenio, inglés, turco, kurdo e alemán Inna Sahakyan Non nomeado
2023
(96ª)
Amerikatsi[15] Armenio, inglés e ruso Michael A. Goorjian
Lista curta de decembro

Notas editar

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  4. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  5. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  6. Toussi, Elnaz (27 de setembro de 2012). Screendaily, ed. "Armenia selects drama as foreign language Oscar entry". Screen International. Consultado o 27 de setembro de 2012. 
  7. Holdsworth, Nick (4 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Armenia Selects 'Earthquake' for Foreign-Language Category". Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  8. Kozlov, Vladimir (12 de outubro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Foreign-Language Oscar: Armenian Submission Disqualified". Consultado o 13 de outubro de 2016. 
  9. Kozlov, Vladimir (28 de setembro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Armenia Selects 'Eva' for Foreign-Language Category". Consultado o 29 de setembro de 2017. 
  10. Panarmenian, ed. (9 de outubro de 2018). ""Spitak" about Armenia quake joins Best Foreign Language Oscar race". Consultado o 9 de outubro de 2018. 
  11. Ghazanchyan, Siranush (24 de setembro de 2019). Public Radio of Armenia, ed. "Armenia to submit Edgar Baghdasaryan's Erken Kisher for Oscars 2020". Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  12. "93rd Annual Academy Awards". Armenian National Film Academy. 5 de outubro de 2020. Consultado o 22 de novembro de 2020. 
  13. "2022 Oscars: Armenia selects ‘Should the Wind Drop’ for international feature film category". Panorama. 28 de setembro de 2021. 
  14. "Armenian National Film Academy". Facebook. Consultado o 13 de setembro de 2022. 
  15. Patrick Frater, Leo Barraclough, Ellise Shafer, Elsa Keslassy, John Hopewell, Naman Ramachandran, Nick Vivarelli, K.J. Yossman, Anna Marie de la Fuente (17 de outubro de 2023). "International Oscar Race". Variety. Consultado o 24 de outubro de 2023.