Si le vent tombe

filme de 2020 dirixido por Nora Martirosyan

Si le vent tombe (en armenio: Երբ որ քամին հանդարտվի) é un filme dramático de 2020 dirixido por Nora Martirosyan e protagonizado por Grégoire Colin e Hayk Bakhryan. O filme foi producido polas compañías Sister Productions de Francia, Kwassa Films de Bélxica e Aneva de Armenia.[2] O filme foi escollido para competir na 73ª edición do Festival de Cannes.[3][4] O filme estreouse no Festival de Cinema de Angoulême de 2020.[5] O filme proxectouse como parte de Industry Selects no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2020.[6][7] Tamén foi proxectado como parte da competición en Tokyo Filmex de 2020.[8] Foi escollido como candidato de Armenia para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[9] mais finalmente non foi nomeado.

Si le vent tombe
Ficha técnica
Título orixinalԵրբ որ քամին հանդարտվի
DirectorNora Martirosyan
GuiónNora Martirosyan
Emmanuelle Pagano
Olivier Torres
Guillaume André
IntérpretesGrégoire Colin
Hayk Bakhryan
Arman Navasardyan
David Hakobyan
Vartan Petrossian
Narine Grigoryan
MúsicaPierre-Yves Cruaud
FotografíaSimon Roca
MontaxeNora Martirosyan
Yorgos Lamprinos
EstudioSISTER Productions
Aneva Production
Kwassa Films
EstreaFestival de Cinema de Angoulême: 30 de agosto de 2020[1]
Duración100 minutos
Orixe Armenia
Bélxica Bélxica
Francia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt11681310 Allocine: 267319 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Un auditor está encargado de avaliar se o aeroporto de Stepanakert, na pequena República de Artsakh, no Cáucaso, cumpre os estándares internacionais de aviación. Alí conecta cun mozo local para axudar o territorio illado a abrirse ao mundo exterior.

Notas editar

  1. "Premiers rendez-vous |". 31 de agosto de 2021. 
  2. "Indie Sales boards Cannes 2020/ACID joint selection 'Should The Wind Drop'". Screen Daily. 8 de xuño de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2020. 
  3. "The Films of the Official Selection 2020". Festvial de Cannes. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2020. 
  4. "French-Armenian director Nora Martirosyan's film included in Cannes 2020 lineup". panorama.am. 4 de xuño de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2020. 
  5. "Si le vent tombe". Film Francophone d’Angoulême (en francés). 18 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 03 de xaneiro de 2022. 
  6. "TIFF 2020: Seven First-Time Directors Who Stole The Show". NDTV. 20 de setembro de 2020. 
  7. "TIFF Industry Selects Sales Titles Announced for 2020" (PDF). Toronto International Film Festival. 1 de setembro de 2020. Consultado o 30 de setembro de 2020. 
  8. "第21回東京フィルメックス上映作品 <コンペティション部門>". Tokyo Filmex (en xaponés). 24 de setembro de 2020. 
  9. "2022 Oscars: Armenia selects 'Should the Wind Drop' for international feature film category". Panorama. 28 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar