Fritz Rudolf Künker

numismático alemán
(Redirección desde «F. R. Künker»)


Fritz Rudolf Künker, nado en 1949 en Osnabrük, na Baixa Saxonia, é un numismático alemán, fundador da casa de poxas numismáticas Fritz Rudolf Künker GmbH & Co. KG.

Infotaula de personaFritz Rudolf Künker
Biografía
Nacemento1949
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá.
Educación Universidade de Berlín.
Universidade de Münster.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios
- (2010): Premio da WCF.
- (2018): Otto Paul Wenger.
- (2018): Eligiuspreis.

Traxectoria editar

A atracción de Künker polas moedas xurdiu na súa infancia, cando a moeda saxoa de 5 marcos de 1903 que lle regalou o seu avó lle serviu para comezar a súa propia colección de moeda do Imperio Alemán. Posteriormente estudou Filoloxía Románica e Historia nas universidades de Berlín (1967) e de Münster (1969), e tivo entre os seus profesores a Peter Berghaus, que o introduciu no aspecto académico da numismática.[1][2][3]

Aínda de estudante, en 1971, estableceu en Schapdetten, preto de Münster, o seu primeiro comercio numismático, inicialmente de xeito autónomo e en 1972 co seu irmán Horst-Rüdiger como único empregado, e en 1973 abriu un comercio estable en Osnabrük, que en 1985 trasladou a un edificio no distrito de Westerberg, na mesma cidade. Finalmente, en maio de 2014 inaugurouse un novo edificio construído expresamente para a celebración das poxas numismáticas.[4] Alí Künker traballou ata o 1 de xullo dese mesmo ano, cando se retirou da xestión directa da compañía, na que redactou máis de 300 catálogos de poxas. A empresa está dirixida desde entón polo seu fillo, Ulrich Künker.[1][2][3]

Entre outras entidades académicas e asociativas, Fritz Künker pertenceu á Asociación de Comerciantes Numismáticos Alemáns (1972), que presidiu entre 1977 e 1986, e á Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (1983), na que dirixiu durante anos a Axencia Internacional para a Supresión da Falsificación de Moedas (IBSCC).[1][2]

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Künker, Fritz Rudolf". En Coins Weekly. 4 de xullo de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Fritz Rudolf Künker honored with Eligius Award and Otto Paul Wenger Award". En Coins Weekly. 4 de xullo de 2018.
  3. 3,0 3,1 "Serving the Collector for More Than 40 years". En Kuenker.de
  4. "Künker moved in new quarters". En Coins Weekly. 6 de agosto de 2014
  5. "39. Word Money Fair - zum 5. Mal in Berlin". En Münzen Woche. 4 de febreiro de 2010.
  6. "Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft.
  7. "Eligius-Preis 2018 für Fritz Rudolf Künker". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Xaneiro de 2018. Páxina 42.
  8. "Fritz Rudolf Künker erhält Eligius-Preis 2018". En MünzenWoche. 10 de maio de 2018.
  9. "Otto Paul Wenger-Preis". En Numis Post.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar