Evaristo Mosquera Martínez
Evaristo Antonio Mosquera Martínez, nado en Pontevedra en 1909 e finado en Madrid en febreiro de 1996[1], foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 Pontevedra, España |
Morte | febreiro de 1996 (86/87 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Familia | |
Irmáns | Fernando Mosquera Martínez |
Traxectoria
editarEstudou Maxisterio. Na ditadura de Primo de Rivera fixo oposicións en Madrid ao Ministerio de Facenda e prestou servizo nas Delegacións de Vigo e Pontevedra. Participou na redacción da revista Cristal con Amado Carballo e Xoán Vidal Martínez. Colaborou con Luis Bello nas súas visitas de Escolas e foi secretario do Comité de Cooperación Intelectual. Durante a República colaborou na prensa (El Progreso, El Pueblo Gallego e El País) e incorporouse ao Partido Galeguista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Consello de guerra. Pasou case catro anos detido no campo de concentración de San Simón onde protagonizou, xunto cun grupo de evanxélicos de Marín, Celestino Poza Cobas e o seu fillo Celestino, un plante, negándose a confesar cos cregos da prisión. Unha vez en liberdade trasladouse a Madrid e volveu ser detido por motivos políticos, condenado a oito anos de prisión, finalmente reducidos a cinco, que cumpriu en Carabanchel, Ocaña e no campo de traballo de Fuencarral.
Obras
editar- Cuatro años a bordo de una isla (Ediciós do Castro, 1984; traducido ao galego por Manuel Alonso como Catro anos a bordo dunha illa. Memoria dun preso en San Simón, 2006)