Celestino Poza Pastrana

médico e político galego

Celestino Poza Pastrana, nado en Pontevedra o 2 de setembro de 1903 e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1971,[1] foi un médico e político galego.

Celestino Poza Pastrana
Nacemento2 de setembro de 1903
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento25 de abril de 1971
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónmédico e político
PaiCelestino Poza Cobas
IrmánsLuis Poza Pastrana
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Celestino Poza Cobas. Rematou a carreira de Medicina na Universidade de Madrid interno na Residencia de Estudiantes. De regreso a Pontevedra sacou praza como médico no Hospital Provincial, e foi presidente do Partido Radical Socialista. Detido, estivo preso en San Simón e protagonizou un plante ao negarse a confesarse cos curas da cadea. Foi destituído como médico. Volveu ser detido en 1947 acusado de pertencer á Unión de Intelectuais Libres. En 1951 foi reposto como cirurxián no Hospital Provincial e reemprendeu a súa carreira profesional con éxito. Logo dun accidente de tráfico ocorrido en Combarro (Poio) canda súa muller Isolina Méndez Rodríguez, faleceron as poucas horas.[2]

Vida persoal editar

Casou con Aurelia Couto Mallén, finada en 1938. Casou en segundas nupcias con Isolina Méndez Rodríguez, irmá de Benito Méndez Rodríguez.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 27-4-1971, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 27-4-1971, p. 12.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar