Eva Xanim
Eva González Álvarez, coñecida como Eva Xanim, nada en Navia de Suarna o 11 de decembro de 1994, é unha escritora e profesora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de decembro de 1994 (30 anos) Navia de Suarna, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, mestra |
Traxectoria
editarO pseudónimo Xanim corresponde ao nome da casa paterna.
Ademais de Navia de Suarna tamén está moi ligada ao concello asturiano de Ibias, no que foron nados seu pai e a súa nai.
Comezou os estudos no IES Lucus Augusti en 2010 (centro no que tamén realizou as prácticas docentes[1]) e graduouse en Lingua e Literatura Galegas e Lingua e Literatura Españolas pola Universidade de Santiago de Compostela. En xullo de 2018 aprobou as oposicións de profesora de Lingua Galega e Literatura para ensino secundario.[2]
É escritora dalgún que outro texto poético e narrativo e ten colaborado en numerosos proxectos literarios, revistas e presentacións de libros. A investigación, a arte, a natureza e a lingua son algunhas das súas paixóns.[3]
Obra
editarColaborou na revista luguesa Xistral[4] e participou en varios libros colectivos:
- Abadessa, oí dizer, relatos eróticos de escritoras da Galiza (2017). Autoras: Carmen Blanco, María Lado, Verónica Martínez, Raquel Miragaia, Teresa Moure, Emma Pedreira, Isabel Rei Samartim, Susana Sánchez Arins, Rexina Vega e Eva Xanim. Através Editora, 120 páxinas. ISBN 978-84-16545-09-4.[5]
- Remédios para o galego (2017). Diego Bernal, Valentim Fagim (coord.). Através Editora. ISBN 978-84-16545-13-1.[6][7]
Notas
editar- ↑ "175 años educando a una ciudad". elprogreso.es. Consultado o 01/07/2018.
- ↑ "Estudar a oposición foi volta á casa". lavozdegalicia.es. Consultado o 27/07/2018.
- ↑ Xanim, Eva. "Todos os artigos de Eva Xanim". PGL.gal. Arquivado dende o orixinal o 18/11/2021. Consultado o 01/07/2018.
- ↑ "Xistral recoge la obra de 63 poetas y poetisas gallegos". lugo.gal. Arquivado dende o orixinal o 22/07/2018. Consultado o 21/07/2018.
- ↑ "Abadessa oí dizer". atraves-editora.com. Consultado o 01/07/2018.
- ↑ "Remédios para o galego". atraves-editora.com. Consultado o 21/07/2018.
- ↑ "Remédios para o galego". pgl.gal. Consultado o 21/07/2018.