Os EuroGames son unha competición multideportiva anual de ámbito europeo dirixida fundamentalmente a gais, lesbianas,transexuais e bisexuais, se ben as probas son de inscrición libre. Decide a súa organización a asemblea xeral da Federación Europea de Deportes para Gais e Lesbianas elixindo entre as candidaturas presentadas. É un dos eventos máis importante da comunidade gai en Europa[1]

Entre os obxectivos dos EuroGames está a loita contra a discriminación por orientación sexual, a integración do colectivo LGTB, e potenciar a práctica deportiva entre esta comunidade.[2] En paralelo á celebración deportiva organízanse actividades culturais e turísticas.

Historia editar

Os primeiros EuroGames celebráronse en 1992 na Haia. Celébranse anualmente, pero non cando coinciden cos Xogos Gais, que se celebran a cada catro anos. Polo conseguinte, non se disputaron EuroGames en 1994, 1998, 2002 e 2006. Tampouco se celebran cando os Outgames Mundiais se celebren en Europa, como acontecerá en Copenhaguen 2009. En 1999 a cidade designada foi Manchester, pero os xogos foron cancelados.

Edicións editar

As edicións son de dous tipos, conforme o tamaño e as capacidades organizativas. Os anos olímpicos realízanse uns EuroGames de gran tamaño, mentres que no resto as competicións teñen unha limitación de participantes.[3]

Edición Ano Cidade País Participantes Nº Países Disciplinas deportivas Fitos Outras cidades candidatas
I 1992 A Haia   Países Baixos 300 5 4
II 1993 A Haia   Países Baixos 540 8 6
III 1995 Frankfurt   Alemaña 2,000 13
IV 1996 Berlín   Alemaña 3,247 18 17
V 1997 París   Francia 2,000 18 17 Bruxelas, Zürich
1999 Manchester   Reino Unido 0 0 0 Cancelado Colonia
VI 2000 Zürich    Suíza 4,500 19 Hamburgo
VII 2001 Hannover   Alemaña 1,500 7 Pequenos EuroGames
VIII 2003 Copenhaguen   Dinamarca 2,200 7 Pequenos EuroGames
IX 2004 Múnic   Alemaña 5,050 38 27 Viena
X 2005 Utrecht   Países Baixos 2855 44 9 Pequenos EuroGames
XI 2007 Antwerp   Bélxica 3,650 38 11+1 Pequenos EuroGames
XII 2008 Barcelona   España >5,000 40 25
XIII 2011 Rotterdam   Países Baixos 26
XIV 2012 Budapest   Hungría
XV 2015 Estocolmo   Suecia 4,465 71 28 Grandes EuroGames
XVI 2016 Helsinqui   Finlandia 1400 40 14 EuroGames
XVII 2019 Roma   Italia
XVIII 2020 Düsseldorf   Alemaña
XIX 2021 Copenhaguen   Dinamarca

Notas editar

  1. Jennifer Hargreaves Heroines of Sport: The Politics of Difference and Identity, Routledge, 2000, ISBN 0-415-22849-2, páxina 156
  2. "History of EuroGames". Consultado o 19 de maio de 2018. 
  3. "Past and Future". Consultado o 19 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar