Eucáridos
Eucáridos Eucarida | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nécora (Necora puber), un decápodo | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Ordes | |||||||||||||||||
A dos eucáridos (Eucarida) é unha superorde de crustáceos da clase dos malacostráceos, subclase dos eumalacostráceos, que inclúe case todas as especies máis coñecidas destes animais, como os decápodos (lagosta, lumbrigante, cigala, centola, nécora etc.) e o krill (da orde dos eufausiáceos, principal alimento das baleas). Ademais, tamén comprende os membros da pouco coñecida orde dos anfionidáceos.
Características
editarOs seus compoñentes caracterízanse por posuír as pezas da casca fusionadas en todos os tagmas torácicos e por teren os ollos pendunculados.
En canto á paleontoloxía do grupo, os eucáridos son os crustáceos máis temperáns no rexistro fósil. Os fósiles máis antigos descritos pertencen ao mesozoico, aínda que se supón que xurdiron moito antes.
Taxonomía
editarDescrición
editarA superorde foi descrita en 1904 polo zoólogo escocés, especializado en carcinoloxía, William Thomas Calman.[1]
Clasificación
editarSegundo o ITIS a superorde subdivídese en tres ordes:[2]
Superorde Eucarida Calman, 1904
- Orde Amphionidacea Williamson, 1973
- Orde Decapoda Latreille, 1802
- Orde Euphausiacea Dana, 1852
Porén, o WoRMS só admite dúas:[3]
Superorde Eucarida Calman, 1904
- Orde Decapoda
- Orde Euphausiacea
E a (suposta) orde dos Amphionidacea identifícaa co taxon dos Caridea, que para os autores desta base de datos é unha infraorde da suborde dos pleociemados, dentro da orde dos decápodos.
Galería
editar-
Amphionides reynaudii, o único anfionidáceo coñecido
-
O cangrexo Cancer bellianus, un decápodo
-
Krill antárcico (Euphausia superba), un eufausiáceo
Notas
editar- ↑ Calman, W.T. (1904): "On the Classification of the Crustacea Malacostraca" The Annals and Magazine of Natural History, including Zoology, Botany, and Geology 13 (74): 144-158.
- ↑ Eucarida Calman, 1904 no ITIS.
- ↑ Eucarida Calman, 1904 no WoRMS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eucáridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eucáridos |
Bibliografía
editar- Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
- Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
- Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1) Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
- Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Superorder Eucarida Calman 1904 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Eucarida Calman, 1904 no WoRMS.
- Eucarida Calman, 1904 no ITIS.
- Eucarida na EOL.