Eufausiáceos
Eufausiáceos Euphausiacea | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Meganyctiphanes norvegica (Krill ártico) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias e Xéneros | |||||||||||||
|
A dos eufausiáceos (Euphausiacea) é unha orde de crustáceos malacostráceos coñecidos xenericamente como krill.[1][2]
Encóntranse en todos os océanos do mundo. O nome krill vén do noruegués krill, que significa "peixiños fritidos",[1][3] que tamén adoito se atribúe a algunhas especies de peixes.
Son parecidos externamente aos camaróns, duns de 3 a 5 cm de lonxitude, e moi abundantes en todas as augas que circundan as zonas polares. Aliméntanse fundamentalmente con algas do fitoplancton. Á súa vez son o alimento fundamental de numerosas especies de peixes e tamén dos misticetos. Unha rotura na cadea alimenticia, da cal o krill forma parte, podería ter consecuencias catastróficas en termos ecolóxicos. O krill é, pois, un elemento estratéxico na bioloxía dos mares fríos, constituíndo quizais un dos elos máis importantes da rede trófica.
Clasificación: familias e xéneros
editarSegundo o WoRMS, a orde está constituída por dúas familias,[4] cos xéneros que se indican a continuación:
Orde Euphausiacea Dana, 1852
- Familia Euphausiidae Dana, 1852 [5]
- Euphausia Dana, 1852
- Meganyctiphanes Holt & W. M. Tattersall, 1905
- Nematobrachion Calman, 1905
- Nematoscelis G. O. Sars, 1883
- Nyctiphanes G. O. Sars, 1883
- Pseudeuphausia Hansen, 1910
- Stylocheiron G. O. Sars, 1883
- Tessarabrachion Hansen, 1911
- Thysanoessa Brandt, 1851
- Thysanopoda Latreille, 1831
- Familia Bentheuphausiidae Colosi, 1917 [6]
- Bentheuphausia G. O. Sars, 1885
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 KRILL s.m. Conxunto de crustáceos planctónicos, que viven en grandes concentracións nas augas frías e que son o principal alimento de moitos peixes e cetáceos. ETIM. noruego krill 'peixe pequeno fritido'. Gran dicionario Xerais da lingua. Tomo II. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
- ↑ Definición de krill* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Krill". Online Etymology Dictionary. Consultado o 29 de novembro de 2016.
- ↑ Euphausiacea, Dana, 1852 no WoRMS.
- ↑ Euphausiidae Dana, 1852 no WoRMS.
- ↑ Bentheuphausiidae Colosi, 1917 no WoRMS.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eufausiáceos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eufausiáceos |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Euphausiacea, Dana, 1852 no WoRMS.
- Euphausiacea Dana, 1852 no ITIS.
- Euphausiacea na ADW.
- Euphausiacea na EOL.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |