Abrir o menú principal

Eufausiáceos

(Redirixido desde "Krill")
Eufausiáceos
Euphausiacea
Meganyctiphanes norvegica (Krill ártico)
Meganyctiphanes norvegica (Krill ártico)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Superorde: Eucarida
Orde: Euphausiacea
Dana, 1852
Familias e Xéneros
Véxase o texto
Euphausia superba (Krill antártico).

A dos eufausiáceos (Euphausiacea) é unha orde de crustáceos malacostráceos coñecidos xenericamente como krill.[1][2]

Encóntranse en todos os océanos do mundo. O nome krill vén do noruegués krill, que significa "peixiños fritidos",[1][3] que tamén adoito se atribúe a algunhas especies de peixes.

Son parecidos externamente aos camaróns, duns de 3 a 5 cm de lonxitude, e moi abundantes en todas as augas que circundan as zonas polares. Aliméntanse fundamentalmente con algas do fitoplancton. Á súa vez son o alimento fundamental de numerosas especies de peixes e tamén dos misticetos. Unha rotura na cadea alimenticia, da cal o krill forma parte, podería ter consecuencias catastróficas en termos ecolóxicos. O krill é, pois, un elemento estratéxico na bioloxía dos mares fríos, constituíndo quizais un dos elos máis importantes da rede trófica.

Clasificación: familias e xénerosEditar

Segundo o WoRMS, a orde está constituída por dúas familias,[4] cos xéneros que se indican a continuación:

Orde Euphausiacea Dana, 1852

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 KRILL s.m. Conxunto de crustáceos planctónicos, que viven en grandes concentracións nas augas frías e que son o principal alimento de moitos peixes e cetáceos. ETIM. noruego krill 'peixe pequeno fritido'. Gran dicionario Xerais da lingua. Tomo II. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
  2. Definición de krill* no Dicionario de Galego.
  3. "Krill". Online Etymology Dictionary. Consultado o 29 de novembro de 2016. 
  4. Euphausiacea, Dana, 1852 no WoRMS.
  5. Euphausiidae Dana, 1852 no WoRMS.
  6. Bentheuphausiidae Colosi, 1917 no WoRMS.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.