Estreito de Torres
O estreito de Torres[1] separa Australia e Papúa-Nova Guinea. Mide aproximadamente 150 km de ancho. Ao sur atópase o Cabo York, o punto máis ao norte do estado australiano de Queensland. Ao norte encóntrase a provincia occidental de Papúa-Nova Guinea.
(en) Torres Strait ![]() | ||||
Tipo | estreito ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
País da cunca | Australia e Papúa-Nova Guinea ![]() | |||
División administrativa | Queensland, Australia ![]() | |||
| ||||
Composto por | ||||

O estreito une o mar do Coral (ao leste) co mar de Arafura (ao oeste). É moi pouco profundo, e o labirinto de arrecifes e illas faino moi difícil de navegar. No estreito atópanse as illas do estreito de Torres, habitadas polos insulares do estreito de Torres, un pobo melanesio relacionado cos papúas.
O primeiro en atravesar o estreito foi o mariño español Luís Váez de Torres, lugartenente na expedición de Pedro Fernández de Quirós que partiu do Perú cara ao Pacífico Sur en 1605. Tras o regreso a México do barco de Quirós, Torres continuou cara a Manila, pasando polas Molucas. Navegou ao longo da costa sur de Nova Guinea, e probablemente chegou a ver o extremo norte de Australia.
Notas
editar- ↑ Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.