O mar do Coral atópase situado no oeste do océano Pacífico, fronte á costa noroccidental de Australia. No mesmo atópase unha serie de illas deshabitadas que levan o nome de Illas do mar do Coral, entre as que se atopan os illotes de Willis, Coringa e Tregosse. O mar do Coral toma o nome do seu trazo máis característico, a Gran Barreira de Coral, que é o maior arrecifecoralino do mundo.
O territorio é unha posesión de Australia, administrada desde Canberra polo Departamento Australiano do Medio Ambiente (Australian Department of the Environment).