Estasino

poeta chipriota

Estasino (en grego antigo: Στασῖνος, en latín: Stasinus) foi un poeta épico da antiga Grecia orixinario de Chipre e de natureza semilendaria.

Modelo:BiografíaEstasino
Nome orixinal(grc) Στασῖνος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII a. C. Editar o valor en Wikidata
Illa de Chipre Editar o valor en Wikidata
Morteséculo VII a. C. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Na Antigüidade dicíase que era o autor das cancións chipriotas, un dos poemas que formaba parte do ciclo troiano, que narraba a guerra de Troia e que podía datar do século -VIII. Segundo Focio, Ateneo de Náucratis consideraba que o autor desta obra Hexesias de Salamina, e tamén di que fora atribuída ao propio Homero, quen a escribiría con motivo da voda da súa filla con Estasino. Demódamas de Halicarnaso atribuíu a obra a un nativo de Halicarnaso.

O poema presupuña un coñecemento da Ilíada, e contaba o que acontecera antes do que describe o poema homérico. Contiña un relato do Xuízo de Paris, o secuestro de Helena, o abandono de Filoctetes na illa de Lemnos, a chegada dos aqueos ás costas de Troia e a primeira batalla fronte á cidade[1]. É posíbel que o Catálogo dos troianos que se atopa no segundo libro da Ilíada[2] situado despois do Catálogo dos barcos, fose unha copia ou extracto dos Cantos Ciprios, que se sabe que contiña unha lista de troianos. O contido da obra coñécese grazas á Chrestomatia de Proclo, resumida por Focio na súa Biblioteca. Platón, no seu diálogo Eutifrón, pon citas das obras de Estasino en boca de Sócrates[3][1].

  1. 1,0 1,1 "Kyprias, the "Kypria", and Multiformityrevista=Phoenix" 56 (3/4). 2002: 240-245. 
  2. Ilíada, II 816-877.
  3. Platón, Eutifrón, 12 a-b.