Demódamas de Halicarnaso

Demódamas ou Demodamante (en grego antigo: Δημοδάμας, en latín: Demodamas), fillo de Arístides, foi un xeneral seléucida e escritor grego nado en Mileto ou, segundo outros, en Halicarnaso.

Infotaula de personaDemódamas de Halicarnaso
Nome orixinal(grc) Δημοδάμας Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor em Wikidata
Mileto Editar o valor em Wikidata
Morteséculo III a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónSátrapa , explorador , historiador Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Serviu como xeneral dos seléucidas na época de Seleuco I Nicátor e Antíoco I Sóter[1], e foi sátrapa de Bactria e Sogdiana. A partir das súas campañas e das súas experiencias escribiu unha obra autobiográfica na que describiu as provincias que gobernou e conquistou, que foi utilizada por numerosos xeógrafos posteriores como Plinio o Vello e Estevo de Bizancio. Ateneo de Naucratis di que tamén escribiu unha obra sobre a cidade de Halicarnaso[2].

Notas editar

  1. Plinio o Vello, Naturalis Historia, VI 16.
  2. Demodamas en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 977