Abrir o menú principal

Estación de Laza-Cerdedelo

(Redirixido desde "Estación de Laza")

Coordenadas: 42°05′17″N 07°24′14″O / 42.08806, -7.40389

Laza-Cerdedelo é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Cerdedelo, no concello de Laza, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Laza-Cerdedelo
SituaciónLaza

Índice

Situación ferroviariaEditar

A estación atópase no punto quilométrico 182,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 882 metros de altitude,[1] entre as estacións de Castrelo do Val-Verín e A Alberguería-Prado. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

HistoriaEditar

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de RENFE cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estaciónEditar

Como moitas das estacións deste tramo o edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos realizado en pedra. Ten a particularidade de posuír no seu segundo piso, unha ampla terraza que repousa parcialmente sobre varios alicerces de pedra. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

NotasEditar

Véxase taménEditar