Yon González

actor español

Yon González Luna, nado en Bergara (Guipúscoa) o 20 de maio de 1986, é un actor vasco. É irmán do tamén actor Aitor Luna.

Infotaula de personaYon González
Biografía
Nacemento(eu) Yon González Luna Editar o valor em Wikidata
20 de maio de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Bergara (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,79 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , modelo , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAitor Luna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2304398 Allocine: 246154 Allmovie: p734999
Instagram: yongonluna Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mentres aínda estaba a estudar o bacharelato na localidade de Arrasate decidiu trasladarse a Madrid para traballar en televisión. O seu debut interpretativo tivo lugar na serie xuvenil diaria SMS en 2006, onde coincidiu con actores como Amaia Salamanca, Aroa Gimeno, María Castro ou Mario Casas. Finalizada a serie, incorporouse ao elenco de El internado para dar vida a Iván Noiret durante as sete tempadas que durou a ficción. O seu papel levouno a ser nomeado no Festival de Televisión de Montecarlo na súa 49ª edición na categoría de mellor actor de drama e a ser galardoado pola Asociación de Cronistas de Espectáculos de Nova York como mellor actor revelación.

Tras debutar na gran pantalla en 2009, con Rabia e Mentiras y gordas retomou a súa carreira televisiva en 2011. Ese ano foi Manuel Hernández na serie Gran Reserva e Julio Olmedo en Gran Hotel que se prolongou durante tres tempadas ata concluír no primeiro trimestre do ano 2013.

En 2015 estreou a serie Bajo sospecha en Antena 3, onde interpreta o papel de policía infiltrado xunto a Blanca Romero.

Televisión editar

Ano Serie Papel Cadea Notas
2006-2007 SMS Andrés La Sexta Personaxe principal (187 episodios)
2007-2010 El internado Iván Noiret León Antena 3 Personaxe principal (71 episodios)
2010 Sofía Constantino II de Grecia Antena 3 Personaxe principal (2 episodios)
2011 Gran Reserva Manuel Hernández TVE Personaxe principal (13 episodios)
2011 Los Quién Paco Antena 3 Personaxe secundario (1 episodio)
2011-2013 Gran Hotel Julio Olmedo Antena 3 Personaxe principal (37 episodios)
2015-2016 Bajo sospecha Víctor Reyes / Víctor Lago Sánchez Antena 3 Personaxe principal (13 episodios)
2017-2020 Las chicas del cable Francisco Gómez García Personaxe principal (42 episodios)
2021 El internado: Las Cumbres Iván Noiret León Cameo (1 episodio)
2022 Los herederos de la tierra Hugo Llor Personaxe principal (8 episodios)

Cine editar

Ano Película Personaxe Notas
2009 Rabia Adrián Papel secundario
Mentiras y gordas Nico Papel principal
2011 Transgression Helio Papel secundario
Torrente 4: Lethal Crisis Peralta Papel secundario
2014 El club de los incomprendidos Rodrigo Papel secundario
Matar el tiempo Boris Papel secundario
2015 Perdiendo el Norte Hugo Papel principal
2020 Campanadas a muerto Luis Kortazar
2021 Érase una vez en Euskadi Félix

Curtametraxes editar

Teatro editar

  • Antígona (2017) como Corifeo.

Premios e candidaturas editar

  • Premio ao mellor actor revelación pola Asociación de Cronistas do Espectáculo de Nova York en 2010.
  • Nomeado como mellor actor de drama no Festival de Televisión de Montecarlo en 2009.
  • Gañador dos Fotogramas de Prata 2011 e 2016 ao mellor actor de televisión.
  • Gañador dos Premios Madrid Imagen (MIM Series) 2015 ao mellor actor dramático de televisión por Bajo sospecha, emitida en Antena 3.