Vuelta a España 2010

A 65.ª edición da Vuelta a España disputouse dende o 28 de agosto ata o 19 de setembro de 2010, cun percorrido total duns 3.242 kms entre as cidades de Sevilla e Madrid, repartidos en 21 tiradas.

Modelo:Competición deportivaVuelta a España 2010
Imaxe
TipoVuelta a España Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Parte deUCI World Ranking de 2010 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento3.242,6 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaSevilla Editar o valor em Wikidata
Liña de metaMadrid Editar o valor em Wikidata
Número de participantes198, inicio
156, final Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEspaña e Andorra Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo28 de agosto de 2010 – 19 de setembro de 2010 Editar o valor em Wikidata
Número de edición65 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Vincenzo Nibali
Segundo da clasificación xeral Peter Velits
Terceiro da clasificación xeral Joaquim Rodríguez
Gañador da clasificación por puntos Mark Cavendish
Gañador da clasificación da montaña David Moncoutié
Winner of the combination classification Vincenzo Nibali
Vencedora da classificação por equipas Katusha 2010
Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficiallavuelta.com Editar o valor em Wikidata

2011 Editar o valor em Wikidata

Nesta edición os organizadores decidiron cambiar o "xersei ouro" que ata entón vestía o líder da clasificación xeral da carreira polo novo "maillot vermello".

O gañador da carreira foi o ciclista italiano Vincenzo Nibali, con 25 anos de idade, que viña de ser 3º na clasificación xeral do Giro de Italia. Segundo foi o galego Ezequiel Mosquera que disputou a vitoria ata a penúltima tirada (na que venceu), quedando na xeral a unha distancia de 41 segundos do líder. Non obstante, o galego deu positivo nunha análise antidopaxe, e actualmente[cando?] aínda non se tomou unha decisión final sobre a súa expulsión da carreira. Se así fose, o eslovaco Peter Velits, que rematou a carreira na 3ª posición da clasificación xeral a máis de 3 minutos do líder, podería subir á 2ª posición.

Na 14ª tirada caeuse ó chan o que ata entón era o líder da Vuelta a España con 45 segundos de vantaxe, Igor Antón, que tivo que abandonar a carreira.

O gañador da clasificación por puntos foi o británico Mark Cavendish, que ademais acadou 3 vitorias parciais.

O gañador da clasificación da montaña foi o francés David Moncoutié.

Tiradas editar

Etapa Data Percorrido Km Gañador Líder
1.ª 28 de agosto Sevilla-Sevilla 13 (CRE)   Team HTC-Columbia   Mark Cavendish
2.ª 29 de agosto Alcalá de Guadaíra-Marbella 173,7   Yauheni Hutarovich   Mark Cavendish
3.ª 30 de agosto Marbella-Málaga   157,3   Philippe Gilbert   Philippe Gilbert
4.ª 31 de agosto Málaga-Valdepeñas de Xaén   183,8   Igor Antón   Philippe Gilbert
5.ª 1 de setembro Guadix-Lorca 198,8   Tyler Farrar   Philippe Gilbert
6.ª 2 de setembro Caravaca de la Cruz-Murcia 148,6   Thor Hushovd   Philippe Gilbert
7.ª 3 de setembro Murcia-Orihuela 148,6   Alessandro Petacchi   Philippe Gilbert
8.ª 4 de setembro Villena-Xorret de Catí   190   David Moncoutié   Igor Antón
9.ª 5 de setembro Calp-Alcoi   187,7   David López   Igor Antón
10.ª 7 de setembro Tarragona-Vilanova i la Geltrú 175,7   Imanol Erviti   Joaquim Rodríguez
11.ª 8 de setembro Vilanova i la Geltrú-Andorra   208,4   Igor Antón   Igor Antón
12.ª 9 de setembro Andorra la Vella-Lleida 172,5   Mark Cavendish   Igor Antón
13.ª 10 de setembro Rincón de Soto-Burgos 196   Mark Cavendish   Igor Antón
14.ª 11 de setembro Burgos-Peña Cabarga   178   Joaquim Rodríguez   Vincenzo Nibali
15.ª 12 de setembro Solares-Lagos de Covadonga   187,3   Carlos Barredo   Vincenzo Nibali
16.ª 13 de setembro Xixón-Cotobello   181,4   Mikel Nieve   Joaquim Rodríguez
17.ª 15 de setembro Peñafiel-Peñafiel 46 (CRI)   Peter Velits   Vincenzo Nibali
18.ª 16 de setembro Valladolid-Salamanca 148,7   Mark Cavendish   Vincenzo Nibali
19.ª 17 de setembro Piedrahíta-Toledo 231,2   Philippe Gilbert   Vincenzo Nibali
20.ª 18 de setembro San Martín de Valdeiglesias-Bola del Mundo   172,2   Ezequiel Mosquera   Vincenzo Nibali
21.ª 19 de setembro San Sebastián de los Reyes-Madrid 85,2   Tyler Farrar   Vincenzo Nibali
Total 3.242,6

Clasificación xeral editar

 
Os tres primeiros da xeral (Nibali, Mosquera e Velits) brindando na chegada de Madrid.
Posición Ciclista Equipo Tempo
    Vincenzo Nibali Liquigas 87h 18' 33"
2   Ezequiel Mosquera Xacobeo Galicia + 41"
3   Peter Velits HTC-Columbia + 3' 02"
4   Joaquim Rodríguez Team Katusha + 4' 20"
5   Frank Schleck Team Saxo Bank + 4' 43"
6   Xavier Tondo Cervélo Test Team + 4' 52"
7   Nicolas Roche Ag2r-La Mondiale + 5' 03"
8   Carlos Sastre Cervélo Test Team + 6' 06"
9   Tom Danielson Garmin-Transitions + 6' 16"
10   Luis León Sánchez Caisse d'Epargne + 7' 42"

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar