Reino da Bretaña

O reino da Bretaña (en bretón: Rouantelezh Breizh) foi un antigo e efémero reino da Idade Media, situado na homónima península da Bretaña, que existiu dende o ano 851 ata o 942.

Modelo:Xeografía políticaReino da Bretaña

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 48°N 3°O / 48, -3Coordenadas: 48°N 3°O / 48, -3
Poboación
Lingua oficiallingua latina Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación851 Editar o valor em Wikidata
Disolución939 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porDucado da Bretaña e Ducado de Normandía Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
O reino da Bretaña (845-867).

Os bretóns continuarían a insurrección contra os francos, que suprimiran o Ducado da Bretaña ata lograr a independencia total. En 814, o caudillo Morvan Lez-Breizh, conde de León e máis tarde denominado Leiz Breiz (apoio da Bretaña), foi nomeado xefe bretón supremo polos condes de Bro Erec, Kerne e Domnonea. Cando foi nomeado rei dos francos Lois o Piadoso, que lles quería impoñer un tributo, revoltouse contra el, pero foi derrotado e morreu en 818 .

En 818 foi elixido como sucesor Gwiomarc'h, que tivo que se someter e render tributo. Pero iso non lle impediu ser destronado en 820. Lois o Piadoso nomeou conde da Bretaña ao seu protexido Nevenoe ou Nominoe, que antes fora leal aos francos. Non obstante, á morte de Lois o Piadoso, aproveitou as loitas dinásticas para se independizar, ao tempo que apoiou a Lotario I contra Carlos o Calvo. En 845 venceu ás tropas francas en Ballon e ocupou Roazhon, Naoned e Gwened, todo o territorio da antiga marca bretoa e nas súas incursións chegaría ata Anjou e aos Vendomois. Foi recoñecido como Rex Britonorum, e o país alcanzou a categoría de Reino da Bretaña (en bretón Rouantelezh Breizh). Os seus sucesores foron Erispoé (851-857), Salomón I (857-874) e Alan I da Bretaña (877-907). Todos conseguiron o recoñecemento dos francos e consolidaron o reino, a pesar das loitas internas. Alan I morreu no 907 sen fillos, o que provocaría que o ducado estivese dominado polos condes de Roazhon, Judicael e Juhel Berengario, e polo de Gwened, Gurmalion.

En 914 o Reino da Bretaña sufriu unha forte incursión viquinga que asolou toda a costa, destruíu Naoned e saqueou as abadías de Redon e Landevennec. Ese mesmo ano foi nomeado sucesor o conde Mathuedoi de Poher, pero moitos dos outros condes non o recoñeceron e tivo que fuxir a Inglaterra, o que provocou a caída do país na anarquía.

O seu fillo, Alan II Barbatorta, foi recoñecido como rei e gobernou dende o 936 ata o 952 co apoio dos anglosaxóns. Á súa morte foi nomeado como o último rei independente Conan ou Conan e Nacido, conde de Roazhon (952- 992), que acabaría de unificar o país baixo a autoridade nominal dos reis francos 987, pero o 990 abandonaría definitivamente o título de rei e sería recoñecido como duque da Bretaña polos francos, que recuperaron así a soberanía nominal sobre o país. O galó, lingua de oil da Bretaña, converteríase en lingua de corte e administración, así como dos nobres pola influencia anglo-normanda, facilitada polo establecemento de viquingos na veciña Normandía e substituiría aos poucos tanto ao bretón como ao latín como linguas literarias e de cultura.