Pico Aneto

cume máis alto dos Pireneos

Coordenadas: 42°37′52″N 0°39′24″L / 42.630991666667, 0.65668611111111

O Aneto é a montaña máis elevada dos Pireneos, cunha altitude de 3404 metros sobre o nivel do mar, a segunda da Península Ibérica e a terceira de España.[4][5] Forma parte do macizo da Maladeta e, situado na zona do val de Benasque, está constituído por terreos paleozoicos de natureza granítica e materiais mesozoicos.

Aneto
Pico Aneto (nos Pireneos españois). Cara norte.
Vista dende Salvaguardia cara ao Macizo da Maladeta, dende a entrada ó val por Francia, onde La Maladeta vela a maior altura do Aneto e o seu glaciar.
Localización xeográfica
CordilleiraPireneos
SerraMacizo da Maladeta
Localización administrativa
LocalizaciónEspaña
Características xerais
Altitude3.404 [1] m
Prominencia2812 m ↓  sobre o Alto de Dima (277,1 km dirección O) [2] [3]
Cume veciño máis altoRoche de la Muzelle (3465 m) [2] [3]
Illamento topográfico507,1 km dirección ENE [3]
Montañismo
Primeira ascensión20 de xullo de 1842, por Platon de Tchihatcheff e Albert de Franqueville
Ruta máis fácilNorte, polo glaciar dende La Renclusa

Atópase situado no Parque Natural Posets-Maladeta, no municipio de Benasque, provincia de Huesca, comunidade autónoma de Aragón, en España. No seu cara norte, a partir dos 2.810 m aproximadamente, reside o maior glaciar dos Pireneos, cunhas 100 ha de superficie. Está, do mesmo xeito que moitos no mundo, en franca regresión como consecuencia do cambio climático. Calcúlase que nos últimos 100 anos perdeu máis da metade da súa superficie, e que en 30 ou 40 anos pode chegar a desaparecer.[6]

O Aneto
Cima do Aneto vista desde Coronas.

Notas editar

  1. Instituto Geográfico Nacional (IGN). "Visor de Ortofotos y Cartografía del Instituto Geográfico Nacional (Iberpix)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05-02-2021. Consultado o 31-01-2021. 
  2. 2,0 2,1 José Martínez Hernández (Diciembre 2010). Las 100 cumbres más prominentes de la Península Ibérica (en castelán) (1.ª ed.). Madrid: Desnivel ediciones. p. 26. ISBN 9788498292039. 
  3. 3,0 3,1 3,2 PeakVisor. "Pico de Aneto" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04-02-2021. Consultado o 31-01-2021. 
  4. "Descrición do Aneto". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2009. Consultado o 23 de xuño de 2009. 
  5. "Earth from Space: Snowy Pyrenees". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-03-04. 
  6. "Artigo sobre o desxeo do glaciar do Aneto de Greenpeace". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2010. Consultado o 23 de xuño de 2009.