Manuel Seoane

futbolista arxentino

Manuel Seoane, nado o 19 de marzo de 1902 en Piñeiro (Partido de Avellaneda, provincia de Buenos Aires) e finado en Quilmes (Provincia de Buenos Aires) o 21 de agosto de 1975, foi un futbolista arxentino de orixe galega que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Seoane
Manuel Seoane, 1923.
Información persoal
Nacemento 19 de marzo de 1902
Lugar de nacemento Avellaneda
Falecemento 21 de agosto de 1975
Lugar de falecemento Quilmes
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Fábrica Campomar
1918–1920 Progresista
1920–1921 Independiente
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1921–1923 Independiente 84 (79)
1923–1924 El Porvenir 27 (14)
1925 Boca Juniors 0 (0)
1925–1933 Independiente 184 (151)
Selección nacional
1921–1931 Arxentina 21 (16)
Adestrador
1935–1937 Arxentina
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Foi un prolífico goleador, contabilizando 249 tantos na Primeira División Arxentina, competición que conquistou en dúas ocasións con Independiente, o club no que estivo case toda a súa carreira, e da que foi tres veces o máximo goleador. Foi internacional coa selección arxentina coa que gañou tres veces o Campionato Suramericano, en 1925, 1927 e 1929, sendo elixido nas dúas primeiras mellor xogador do torneo.

Tras a súa retirada foi adestrador da selección arxentina, á que guiou ata unha nova conquista do Campionato Suramericano en 1937.

Traxectoria editar

Sobre o seu nacemento existe unha controversia, pois segundo a versión oficial naceu o 19 de marzo de 1902, mais nunha entrevista realizada en 1922 dixo que nacera o 19 de decembro de 1901 en Rosario. Fillo de emigrantes galegos, comezou a traballar nunha cristalería como aprendiz, e con 15 anos comezou a xogar ao fútbol no equipo da fábrica Campomar.

En 1918 inscribiuse no Club Progresista do barrio La Mosca, onde xogou ata decembro de 1920. Xogou entón o seu primeiro partido con Independiente, un amigable contra Estudiantes no que anotou tres goles. Dous encontros amigábeis despois foi fichado oficialmente polo club.

O 3 de abril de 1921 debutou na Primeira División Arxentina, nun partido contra Racing que foi suspendido pola intensa choiva.[1] O seu primeiro gol tivo que agardar ata o seu segundo encontro, o 10 de abril ante o CA Lanús. Acabou a tempada con 19 goles.[2]

En 1922 Independiente gañou o seu primeiro campionato, quedando primeiro por diante de River Plate e San Lorenzo con 55 goles de Manuel Seoane. É a marca máis alta da historia da primeira división arxentina.

O 11 de novembro de 1923 viuse involucrado nun incidente no encontro ante River, no que foron expulsados varios xogadores, entre eles Seoane e Ronzoni que foron sancionados durante un ano, polo que foron a xogar a El Porvenir que militaba na Asociación Arxentina, campionato paralelo ao disputado por Independiente.[1]

Tralo indulto regresou a Independiente, porén só disputou un encontro xa que volveu a El Porvenir, equipo que o acollera nos malos momentos

En 1925 foi chamado por Boca Juniors para a xira que realizou o equipo por Europa, sendo Seoane o máximo goleador da xira con 16 tantos.

De volta na Arxentina fichou outra vez por Independiente co que conquistou o campionato de 1926, ao quedar o equipo invicto, e a Copa Competencia. Finalmente retirouse en 1933, disputando o último encontro o 8 de outubro ante Ferro Carril Oeste.

O 22 de agosto de 1934 realizouse un encontro de homenaxe no que se lle entregou o produto dunha colecta para a adquisición dunha casa, xa retirado do seu traballo de sempre, clasificador de la en Campomar.

Manuel Seoane foi un dianteiro que podía xogar en calquera posición de ataque, que compensaba unha constitución tendente á obesidade cunha gran calidade e intelixencia. Viviu o paso do fútbol arxentino de afeccionados, do que é o máximo goleador con 207 goles (sen contar os anotados con El Porvenir) en 208 encontros, ao profesionalismo. No fútbol profesional xogou 56 encontros e anotou 34 goles.

Coa selección de fútbol editar

Foi internacional coa Selección de fútbol da Arxentina en 21 ocasións entre os anos 1921 e 1931, anotando 16 tantos. Coa selección conquistou a Copa América en tres ocasións, nos anos 1925, 1927 e 1929, sendo elixido mellor xogador nas dúas primeiras.

Como adestrador editar

Despois de deixar a práctica do fútbol foi adestrador da selección arxentina. No Campionato Suramericano de 1935 acadou o segundo lugar por detrás do Uruguai.[3] Na edición de 1937 o equipo arxentino empatou na primeira posición co Brasil, sendo preciso un partido de desempate, no que despois de dúas prórrogas a vitoria foi para a albiceleste.[4]

Faleceu en Quilmes aos 73 anos de idade.

Palmarés editar

Como xogador editar

CA Independiente editar

Selección arxentina editar

Como adestrador editar

Selección arxentina editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El recuerdo de Manuel Seoane, figura y goleador de la década del veinte en el Fútbol Argentino" (en castelán). 18 de agosto de 1920. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  2. "Argentina 1921". rsssf.com (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2021. 
  3. "Copa América 1935". rsssf.com (en inglés). Consultado o 23 de marzo de 2021. 
  4. "Copa América 1937". rsssf.com. Consultado o 23 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Keblaitis, Claudio (2006): Alma Roja. Editorial Cuatro Vientos.