Lois XI de Francia

rei de Francia
(Redirección desde «Luís XI de Francia»)

Lois XI de Francia,[1] coñecido como Lois o Prudente (en francés: le Prudent), nado en 1423 e finado en 1483, foi rei de Francia entre o 1461 e o 1483. Sucedeu o seu pai, Carlos VII. Lois entrou en rebelión aberta contra o seu pai nunha revolta de curta duración coñecida como Praguerie en 1440. O rei perdoou os seus vasalos rebeldes, incluído Luís, a quen confiou a xestión do Delfinado, daquela unha provincia do sueste de Francia. Porén, as incesantes intrigas de Lois levaron ao seu pai a desterralo da corte. Dende o Delfinado, Lois dirixiu a súa propia formación política e casou con Carlota de Savoia, filla de Lois de Savoia, contra a vontade do seu pai. Carlos VII enviou un exército para someter o seu fillo á súa vontade, mais Lois fuxiu ao Ducado de Borgoña, onde foi acollido por Filipe o Bo, o duque de Borgoña, o meirande inimigo de Carlos.

Lois XI de Francia
Nacemento3 de xullo de 1423
Lugar de nacementoBourges
Falecemento30 de agosto de 1483
Lugar de falecementoChâteau de Plessis-lez-Tours
CausaIctus
SoterradoBasilica of Our Lady, Cléry
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico
PaiCarlos VII de Francia
NaiMaría de Anjou
CónxuxeMargarida Stuart e Carlota de Saboia
FillosAnne de Beaujeu, Joana de Valois, Duquesa de Berry, Carlos VIII de Francia, Guyotte de Valois, Jeanne de Valois, Dame de Mirebeau, Marie de Valois, Francis of France e Joachim de Valois
IrmánsCarles de Valois, duque de Berry, Radegunda de Francia, Xoana de Valois e de Anjou, Carlota de Valois, Catarina de Valois e de Anjou, Iolanda de Valois, Madalena de Francia e Marie de France
PremiosOrdem de São Miguel
Na rede
WikiTree: Valois-276 Find a Grave: 3674 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cando Carlos VII morreu en 1461, Lois abandonou a corte de Borgoña para tomar posesión do seu reino. O seu gusto pola intriga e a súa intensa actividade diplomática valéronlle os alcumes de "o Astuto" (le rusé) e "a araña universal" (l'universelle aragne), xa que os seus inimigos acusárono de tear redes de complots e conspiracións.

En 1472, o posterior duque de Borgoña, Carlos o Temerario, levantouse en armas contra o seu rival Lois. Porén, Lois puido illar a Carlos dos seus aliados ingleses asinando o Tratado de Picquigny (1475) con Eduardo IV de Inglaterra. O tratado puxo fin formalmente á guerra dos Cen Anos. Coa morte de Carlos o Temerario na batalla de Nancy en 1477, a dinastía dos duques de Borgoña morreu. Lois aproveitou a situación para apoderarse de numerosos territorios de Borgoña, incluíndo a propia Borgoña e Picardía.

Sen ameazas estranxeiras directas, Lois puido eliminar os seus vasalos rebeldes, ampliar o poder real e fortalecer o desenvolvemento económico do seu país. Morreu en 1483, e sucedeuno o seu fillo máis novo Carlos VIII.

Notas editar

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-09. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Rei de Francia

Segue a:
Carlos VII
Lois XI de Francia
Precede a:
Carlos VIII
Dinastía de Valois