Lee Ann Remick, nada en Quincy (Massachusetts) o 14 de decembro de 1935 e finada nos Ánxeles (California) o 2 de xullo de 1991, foi unha actriz estadounidense.

Infotaula de personaLee Remick

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1935 Editar o valor em Wikidata
Quincy, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xullo de 1991 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Brentwood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de ril e cancro de fígado Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónBarnard College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de teatro , actriz de televisión , actor de xénero , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor em Wikidata - 1989 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiGertrude Margaret Remick (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001665 Allocine: 458 Rottentomatoes: celebrity/lee_remick Allmovie: p59559 TCM: 159981 TV.com: people/lee-remick IBDB: 57475
Musicbrainz: d54f5575-74d4-41c8-8cd2-74e44d9dd89c Discogs: 2183621 WikiTree: Remick-147 Find a Grave: 7550 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois de estudar danza, debutou no teatro e na televisión antes de dar o salto ao cine grazas a Elia Kazan, que a fixo aparecer en A Face in the Crowd (1957) xunto ao tamén debutante Andy Griffith. O seu aspecto sensual fixo que Remick fose a intérprete feminina revelación da tempada (chegou a aparecer na prensa como "a resposta americana" á francesa Brigitte Bardot), e este estado confirmouse ao final desa década coas súas actuacións en The Long, Hot Summer, de Martin Ritt (1958), Anatomía dun asasinato, de Otto Preminger (1959) e These Thousand Hills, de Richard Fleischer (1959).

En 1957 casou co produtor e director Bill Colleran con quen tivo dous fillos. Divorciáronse once anos despois.

Na década de 1960 demostrou o seu talento na interpretación con filmes como Río salvaxe (1960) con Montgomery Clift e dirixido por Elia Kazan, Días de viño e rosas (1962), unha filme sobre o alcoholismo coprotagonizado por Jack Lemmon e dirixido por Blake Edwards que lle valeu unha candidatura ao Óscar; Experiment in Terror (1962) tamén de Edwards e con Glenn Ford, The Running Man (1963) de Carol Reed, Wheeler Dealers (1963) de Arthur Hiller, Baby the Rain Must Fall (1965) de Robert Mulligan, The Detective (1968) de Gordon Douglas, ou No Way to Treat a Lady (1968) de Jack Smight.

Nesa década tamén volveu á pequena pantalla e aos escenarios de Broadway, onde brillou e foi recompensada cunha candidatura ao Premio Tony pola súa interpretación na obra Wait until Dark.[1]

A alternancia entre os medios continuou nos anos setenta, cando Lee aumentou as súas aparicións televisivas. No cine destacaron títulos como Ás veces unha grande noción (1971) de Paul Newman, The Omen (1976) de Richard Donner, Telefon (1977) de Don Siegel ou The Europeans (1979) de James Ivory.[2]

Durante os anos 80 e 90 continuou a traballar case exclusivamente en producións de televisión e ela mesma, xunto con Peter Duchow e James Garner, fundou a súa propia produtora en 1988.

Despois de divorciarse de Colleran en 1968, casou con William Rory Gowans en 1970, que quedou viúvo o 2 de xullo de 1991 cando a actriz de Massachusetts morreu de cancro nos Ánxeles. Só tiña 55 anos.

Filmografía editar

Ano Título Personaxe
1957 A Face in the Crowd Betty Lou Fleckum
1958 The Long, Hot Summer Eula Varner
1959 These Thousand Hills Callie
1959 Anatomía dun asasinato Laura Manion
1960 Río salvaxe Carol Garth Baldwin
1961 Sanctuary Temple Drake
1962 Experiment in Terror Kelly Sherwood
1962 Días de viño e rosas Kirsten Arnesen Clay
1963 The Running Man Stella
1963 The Wheeler Dealers Molly Thatcher
1965 Baby the Rain Must Fall Georgette Thomas
1965 The Hallelujah Trail Cora Templeton Massingale
1968 No Way to Treat a Lady Kate Palmer
1968 The Detective Karen
1969 Hard Contract Sheila Metcalfe
1970 Loot Nurse Fay McMahon
1970 A Severed Head Antonia Lynch-Gibbon
1971 Ás veces unha grande noción Viv Stamper
1973 A Delicate Balance Julia
1974 Touch Me Not Elanor
1975 Hennessy Kate Brooke
1976 The Omen Katherine Thorn
1977 Telefon Barbara
1978 The Medusa Touch Doctor Zonfeld
1979 The Europeans Eugenia Young
1980 The Competition Greta Vandemann
1980 Tribute Maggie Stratton
1988 Emma's War Anne Grange

Notas editar

  1. "Search Results: Lee Remick". Tony Awards. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2016. Consultado o 26 de setembro de 2015. 
  2. Smith, Cecil (30 de abril de 1979). "A Rush of Lee Remick on Television" Los Angeles Times: E1.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar