Robert Mulligan
Robert Mulligan, nado en Nova York o 23 de agosto de 1925 e finado en Lyme (Connecticut) o 20 de decembro de 2008 foi un director de cinema e televisión estadounidense.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Robert Patrick Mulligan ![]() 23 de agosto de 1925 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 20 de decembro de 2008 ![]() Lyme, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca ![]() |
Educación | Universidade de Fordham ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América ![]() |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, realizador ![]() |
Período de actividade | 1948 ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | segunda guerra mundial ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarMulligan estudou na Universidade de Fordham antes de servir como marine durante a segunda guerra mundial. Ao rematar a guerra conseguiu traballo no departamento editorial de The New York Times, mais deixouno para facer unha carreira na televisión.
Empregado pola CBS, comezou como mensaxeiro, aprendendo o oficio, e en 1948 xa dirixía programas importantes.
Debutou no cinema en 1957 con Fear Strikes Out, con Anthony Perkins. A principios da década de 1960 o seu colaborador Alan J. Pakula propúxolle dirixir To Kill a Mockingbird (1962), baseado na novela de Harper Lee.
En 1971 logrou un grande éxito comercial con Verán do 42, mais a partir da década de 1980 resultoulle máis complicado atopar traballo. O seu último filme foi Verán en Louisiana (1991), protagonizado pola debutante Reese Witherspoon.
Filmografía
editar- Fear Strikes Out (1957)
- The Rat Race (1960)
- Cando chegue setembro (1961)
- The Great Impostor (1961)
- To Kill a Mockingbird (1962)
- The Spiral Road (1962)
- Love with the Proper Stranger (1963)
- A intimidade de Margarida Clover (1965)
- Baby the Rain Must Fall (1965)
- Up the Down Staircase (1967)
- A noite dos xigantes (1969)
- Verán do 42 (1971)
- Á procura da felicidade (1971)
- The Other (1972)
- The Nickel Ride (1974)
- Bloodbrothers (1978)
- Same Time, Next Year (1978)
- Kiss Me Goodbye (1982)
- Clara's Heart (1988)
- Verán en Louisiana (1991)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Robert Mulligan na IMDb (en inglés).