Verán do 42

filme de 1971 dirixido por Robert Mulligan

Verán do 42 (en inglés: Summer of '42) é un filme estadounidense de 1971 dirixido por Robert Mulligan e baseado nas memorias do guionista Herman "Hermie" Raucher. Conta a historia de como Raucher, na súa adolescencia do verán de 1942 na illa de Nantucket (fronte á costa do cabo Cod), se embarca nun romance cunha muller, Dorothy, cuxo marido marchou a loitar na segunda guerra mundial.

Verán do 42
Ficha técnica
Título orixinalSummer of '42
DirectorRobert Mulligan
ProdutorRichard A. Roth
GuiónHerman Raucher
IntérpretesJennifer O'Neill
Gary Grimes
Jerry Houser
Oliver Conant
MúsicaMichel Legrand
FotografíaRobert Surtees
MontaxeFolmar Blangsted
EstudioMulligan-Roth Productions
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 18 de abril de 1971
Galicia 14 de agosto de 2022 (TVG)
Duración104 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento1 millóns de dólares
Recadación32,1 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0067803 Allocine: 2536 Rottentomatoes: m/summer_of_42 Allmovie: v47639 TCM: 19262 Netlix: 60010947Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 14 de agosto de 2022 na TVG.[3]

Sinopse editar

Tres amigos pasan as vacacións de verán nunha illa fronte á cosa dos Estados Unidos. A segunda guerra mundial atópase en plena escalada, mais nese lugar reina a tranquilidade. Mentres os seus dous compañeiros se interesan polas mozas da súa idade e por xogar, Hermie namórase dunha muller nova, Dorothy, casada cun piloto militar. Hermie ofrécelle a súa amizade a Dorothy, mais o seu esposo morre na guerra e culmina un romance entre Hermie e Dorothy.

Personaxes editar

Notas editar

  1. "SUMMER OF '42 (X)". British Board of Film Classification. 15 de abril de 1971. Consultado o 6 de febreiro de 2013. 
  2. "Summer of '42, Box Office Information". The Numbers. Consultado o 12 de xaneiro de 2012. 
  3. @AntRubal (ed.). "Verán do 42 na TVG". Consultado o 17 de agosto de 2022.