Ivars Godmanis, nado en Riga en 27 de novembro de 1951, é un político de Letonia. Foi o primeiro Primeiro Ministro de Letonia trala independencia do país da Unión Soviética, en decembro de 2007 volveu ser elixido Primeiro Ministro por segunda vez.[1]

Infotaula de personaIvars Godmanis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Riga, Letonia Editar o valor em Wikidata
Eurodeputado

14 de xullo de 2009 – 30 de xuño de 2014

Circunscrición electoral: Latvia (en) Traducir

Deputy of Saeima (en) Traducir
26 de marzo de 2009 – 16 de xullo de 2009
Lexislatura: 9th Saeima (en) Traducir
Primeiro-ministro da Letónia (pt) Traducir
20 de decembro de 2007 – 12 de marzo de 2009
← Aigars KalvītisValdis Dombrovskis (pt) Traducir →
Deputy of Saeima (en) Traducir
7 de novembro de 2006 – 16 de novembro de 2006
Lexislatura: 9th Saeima (en) Traducir
Primeiro-ministro da Letónia (pt) Traducir
7 de maio de 1990 – 3 de agosto de 1993
← Vilnis Edvīns Bresis (en) TraducirValdis Birkavs →
Deputy of Saeima (en) Traducir

Lexislatura: 7th Saeima (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLetonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Letônia (pt) Traducir
Riga State Gymnasium No.1 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Riga Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , físico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade da Letônia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoLatvian Way (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua letoa Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata
Ivars Godmanis (extrema esquerda) na reunión do goberno letón e os representantes dos E.U.A.
Ivars Godmanis (á esquerda)

Estudou na facultade de física e química da Universidade de Letonia e participou no movemento nacionalista letón impulsando o Fronte Popular Letón, partido que aglutinaba a maioría de forzas nacionalistas.

Godmanis, elixido nas eleccións do 18 de marzo de 1990, serviu como primeiro ministro no período de 1990 a 1993, o seu principal reto foi dirixir a difícil transición económica de Letonia desde o comunismo ao capitalismo. Nos comicios de 1993 obtivo unha estrepitosa derrota e retirouse da vida política.

A súa volta do sector privado produciuse en 1998, ano en que ingresou no partido Camiño de Letonia, escisión da Fronte Popular e exerceu o cargo de Ministro de Finanzas ata 1999.

Nas eleccións de 2002 o seu partido perdeu a representación parlamentaria sendo nomeado presidente deste dous anos despois. En novembro de 2006, tralas eleccións que posibilitaron a volta do Partido Camiño de Letonia ao Saeima, Godmanis fíxose cargo do ministerio do interior e o 14 de decembro de 2007, foi nomeado polo Presidente Valdis Zatlers primeiro ministro tras a dimisión de Aigars Kalvītis. O seu nomeamento foi aprobado polo Parlamento o 20 de decembro, con 54 votos a favor e 43 contra.[2]

O 18 de xuño de 2008, Godmanis sufriu un accidente de tráfico, cando o seu coche oficial se encaixou cun microbús nas rúas de Riga.[3]

Como nota curiosa, moderou un programa radiofónico na emisora privada SWH, sobre a historia da música rock.


Predecesor:
Vilnis-Edvīns Bresis RSS de Letonia
 Primeiro Ministro de Letonia 
1990-1993
Sucesor:
Valdis Birkavs
Predecesor:
Aigars Kalvītis
 Primeiro Ministro de Letonia 
2007-actualidade
Sucesor:
No cargo

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. "Godmanis nominated for prime minister", The Baltic Times, 19 de decembro de 2007.
  2. "Latvia’s old coalition back in power". web.archive.org (publicado o 12/21/2007). 2009-02-25. Archived from the original on 25 de febreiro de 2009. Consultado o 2022-12-10. 
  3. "Latvian PM Godmanis injures head in car crash". Reuters (en inglés). 2008-06-18. Consultado o 2022-12-10. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar