Goran Dragić

baloncestista esloveno

Goran Dragić, nado o 6 de maio de 1986 en Liubliana‎, é un xogador profesional de baloncesto esloveno que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Pode xogar nas posicións tanto de base como de escolta. É o irmán máis vello de Zoran Dragić, tamén xogador de baloncesto.

Goran Dragić
Milwaukee Bucks – No. 31
Posición Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 6 de maio de 1986 (37 anos)
RFS de Iugoslavia Liubliana‎, Iugoslavia
Nacionalidade Eslovenia Eslovenia
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Pre-draft club Union Olimpija
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 45
Por San Antonio Spurs
Carreira 2003−presente
Historial de equipos
ND Ilirija Ljubljana (2003−2004) 3. SNL
KD Slovan (20042006) 1. SKL
CB Murcia (2006−2007) ACB
Union Olimpija (2007−2008) 1. SKL
Phoenix Suns (2008−2011)
Saski Baskonia (2011) ACB
Houston Rockets (2011−2012)
Phoenix Suns (2012−2015)
Miami Heat (2015−2021)
Toronto Raptors (2021−2022)
Brooklyn Nets (2022)
Chicago Bulls (2022−2023)
Milwaukee Bucks (2023−presente)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2018)
3º Equipo All-NBA (2014)
Xogador máis mellorado da NBA (2014)
1× Liga eslovena (2008)

Traxectoria editar

Antes de entrar no Draft da NBA de 2008, onde foi seleccionado por San Antonio Spurs, xogou profesionalmente en Eslovenia e en España.[1] No baloncesto profesional norteamericano, Dragić xogou en dúas etapas nos Phoenix Suns, nos Houston Rockets e en Miami Heat.

Notas editar

  1. Swiat Stefan (22 de setembro de 2008). Nba.com, ed. "Suns Sign Goran Dragic | The Official Site Of The Phoenix Suns" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar