Elton Hercules John, nado en Pinner (Inglaterra) o 25 de marzo de 1947, é un cantante e compositor británico de música rock e pop.

Infotaula de personaSir Editar o valor em Wikidata
Elton John

(2022) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Elton Hercules John Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Reginald Kenneth Dwight Editar o valor em Wikidata
25 de marzo de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Pinner, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesElton John (1967–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Music
Universidade de Londres
St. Thomas Aquinas High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica pop, música rock, Glam rock, pop rock, piano performance (en) Traducir e música popular Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York
Estados Unidos de América
Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , artista discográfico , activista contra a VIH/sida , músico , pianista , actor de cinema , teclista , compositor , letrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock, pop rock, Glam rock, Soft rock e Rhythm and blues Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado320 M£ (maio de 2019) Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoPiano e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoUniversal Records
The Rocket Record Company
Congress
Def Jam Recordings (pt) Traducir
IL (en) Traducir
A&M Records
Chrysalis
Regal Zonophone
Stateside Records (en) Traducir
MCA Records
Paramount Records
Philips
Island Records
Mercury Records
DJM Records
Geffen Records
Uni
Cube Records (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalBernie Taupin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir
13 de xullo de 1985Live Aid (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloKnight Bachelor Editar o valor em Wikidata
CónxuxeDavid Furnish (2014–)
Renate Blauel (1984–1988)
PaisStanley Dwight (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Sheila Eileen Farebrother (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Páxina webeltonjohn.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0005056 Allocine: 2632 Allmovie: p35719 TV.com: people/elton-john IBDB: 69369
Facebook: EltonJohn Twitter: eltonofficial Instagram: eltonjohn MySpace: eltonjohn Youtube: UCcd0tBtip8YzdTCUw3OVv_Q TikTok: eltonjohn Souncloud: elton-john Spotify: 3PhoLpVuITZKcymswpck5b iTunes: 54657 Last fm: Elton+John Musicbrainz: b83bc61f-8451-4a5d-8b8e-7e9ed295e822 Songkick: 371163 Discogs: 57103 Allmusic: mn0000796734 WikiTree: Dwight-89 Deezer: 413 Genius: Elton-john Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Educouse na Royal Academy of Music grazas a unha bolsa que conseguiu nesta institución á idade de 11 anos. Abandonouna seis anos despois para dedicarse á música pop. A partir de 1964 comezou a colaborar con grupos locais coma Bluesology.

Na década dos sesenta formou parte de varios grupos musicais, ata que en 1967 coñeceu ao letrista e poeta Bernie Taupin. Xuntos obtiveron o seu primeiro grande éxito en 1970 coa canción "Your Song" incluída no álbum "Elton John". En 1971 colocaron catro álbums ó mesmo tempo entre os dez primeiros das listas de Estados Unidos.

A década dos setenta foi a da súa consagración no mundo da música, obtendo grandes éxitos con temas como Crocodile Rock (1972), Candle In The Wind (1973) Bennie And The Jets (1973) e Don’t Let The Sun Go Down On Me (1974). Entre 1972 e 1975 sete dos seus discos entraron nos primeiras posicións das listas de vendas británicas.

En 1975 participou na película Tommy, dirixida por Ken Russell e escrita por Pete Townshend, guitarrista de The Who.

Na década dos anos 80, deixou de lado temporalmente a súa relación profesional con Bernie Taupin e compuxo novos temas de éxito como “I'm Still Standing” e Little Jeannie. En xullo de 1985 participou no concerto Live Aid realizado no Estadio de Wembley de Londres, no que tamén actuaron David Bowie, Sting, Eric Clapton, Phil Collins e Queen entre outros.

En 1992 fundou a "Elton John AIDS Foundation", unha das maiores organizacións non lucrativas para a erradicación da enfermidade do SIDA. Obtivo un novo éxito en 1994 coa súa participación na banda sonora da película O Rey León en colaboración con Tim Rice, gañando un Óscar á mellor banda sonora.

En 1997 fíxolle unha homenaxe á princesa Diana de Gales tralo seu falecemento nun accidente de tráfico, co tema Candle in the Wind converténdose no single máis vendido na historia da música naquel momento.

Ao ano seguinte foi nomeado Cabaleiro da Orde do Imperio Británico e recibiu un Grammy honorífico pola súa traxectoria musical. No ano 2000 colaborou como músico invitado xunto ao grupo estadounidense Collective Soul no tema Perfect Day. En 2001 xuntouse de novo con Bernie Taupin, lanzando os álbums Songs From the West Coast e Peachtree Road. En decembro de 2005, casou co director de cine canadense David Furnish.

Discografía editar

  • 1969 Empty Sky
  • 1970 Elton John
  • 1970 The Games
  • 1971 Tumbleweed Connection
  • 1971 Friends
  • 1971 11-17-70
  • 1971 Madman Across the Water
  • 1972 Honky Chateau
  • 1973 Don't Shoot Me I'm Only the Piano Player
  • 1973 Goodbye Yellow Brick Road
  • 1974 Caribou
  • 1974 Greatest Hits
  • 1975 Captain Fantastic and the Brown Dirt Cowboy
  • 1975 Rock of the Westies
  • 1976 Here and There
  • 1976 Blue Moves
  • 1977 Greatest Hits Volume II
  • 1978 A Single Man
  • 1979 Victim of Love
  • 1980 21 at 33
  • 1980 Lady Samantha
  • 1981 The Fox
  • 1982 Jump Up!
  • 1983 Too Low for Zero
  • 1984 Breaking Hearts
  • 1985 Ice on Fire
  • 1986 Leather Jackets
  • 1987 Live in Australia
  • 1988 Reg Strikes Back
  • 1989 Sleeping With the Past
  • 1989 The Complete Thom Bell Sessions
  • 1990 The Very Best of Elton John
  • 1990 To be continued...
  • 1992 Rare Masters
  • 1992 The One
  • 1993 Duets
  • 1995 Made in England
  • 1995 Love Songs
  • 1997 The Big Picture
  • 1999 AIDA
  • 1999 The Muse
  • 2000 One Night Only
  • 2000 The Road To El Dorado
  • 2001 Songs from the West Coast
  • 2001 Prologue
  • 2002 Live at the Ritz
  • 2002 Greatest Hits 1970-2002
  • 2003 We are fantastics (With Marcel Newman)
  • 2004 Peachtree Road
  • 2006 The Captain and the Kid
  • 2013 The Diving Board
  • 2016 Wonderful Crazy Night
  • 2021 Regimental Sgt. Zippo