Paul von Hindenburg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 20 de setembro de 2008 ás 16:02

Paul Ludwig Hans Anton von Beneckendorff und von Hindenburg, universalmente máis coñecido como Paul von Hindenburg, naceu en Poznan, Prusia, o 2 de outubro de 1847 e morreu en Neudeck en 2 de agosto de 1934.

Kaiser Wilhelm II e seus xenerais. Hindenburg é o cuarto da dereita para a esquerda.

Biografía

Mariscal alemán e importante figura durante a Primeira Guerra Mundial, foi presidente da Alemaña de 12 de maio de 1925 a 2 de agosto de 1934.En fins de 1932 foi convencido por Franz von Papen a chamar a Hitler á chancelaría. O dirixíble Hindenburg tivo este nome na súa homenaxe.

Sendo educado na escola de cadetes de Berlín; entrou no exército prusiano en 1866, onde estivo cerca de 40 anos, servindo na Guerra das Sete Semanas e na Guerra Franco-Prusiana.

No inicio da Primeira Guerra Mundial, en Agosto de 1914, xa retirado da vida militar, aceptou comandar o 8º Exército Alemán na fronteira rusa. El e o xeneral Erich Ludendorff conseguiran unha estrondosa vitoria sobre os rusos na batalla de Tannenberg; nomeado mariscal de campo en 1916, tórnase, con Ludendorff, responsábel pola dirección de todas as forzas alemás. En Marzo de 1917, Hindenburg estabelece un sistema de trincheiras a través do Norte de Francia, coñecido polo nome de "Liña de Hindenburg", só superado polos Aliados en Outubro de 1918.

Despois da guerra, retirouse do exército por segunda vez. En 1920, nas súas memorias (en inglés Out of my life), explica que a derrota alemá na guerra tivo orixe nunha revolución interna que puxo fin ao Imperio Alemán e estabelecer a república en 1919.

En 1925 foi elixido presidente da República e, a pesar de pretender a unidade da Alemaña, promoveu os intereses dos junkers prusianos, isto é, a aristocracia terratenente. En 1932 volveu a concorrer á eleccións presidenciais como o único candidato capaz de derrotar o partido nazi de Adolf Hitler, o que veu a acontecer; con todo, o 30 de xaneiro de 1933, Hindenburg viría a nomear a Hitler chanceler, a quen o Reichstag (Parlamento) viría a dar poderes ditatoriais; a partir de entón, Hindenburg foi unha simple figura decorativa no Goberno xermánico.

Curiosidades