Guerra franco-prusiana

(Redirección desde «Guerra Franco-Prusiana»)

A guerra franco-prusiana que enfrontou a Francia e Alemaña entre o 19 de xullo de 1870 e o 28 de xaneiro de 1871 e que significou a fundación do Segundo Reich ou unificación alemá, e a perda de Alsacia e Lorena e do Segundo Imperio por parte da derrotada e humillada Francia.

Napoleón III e Otto von Bismarck na maña seguinte á batalla de Sedan.

Francia e Alemaña romperon relacións pola candidatura de Leopoldo de Hohenzollern, sobriño do rei de Prusia á coroa española tralo destronamento e exilio de Isabel II. Napoleón III, emperador francés, temeu un cerco a Francia como nos días de Carlos I. Esixiu a Guillerme I, rei de Prusia, que interviñese para retira-la candidatura. O rei de Prusia contestou que aquilo era unha "impertinente solicitude" e enviou o famoso telegrama de Ems. Ese telegrama antes de saír de Berlín, pasou polas mans do belicista chanceler de ferro Otto Von Bismarck, e logo de adquirir forma máis hostíl, orixinou a ruptura de hostilidades.

O xeneral Moltke, man dereita de Guillerme I, invadiu Alsacia e Lorena e bloqueou a flor e nata do exército imperial francés na batalla de Sedán (Renania, 1870). O propio Napoleón III foi feito prisioneiro nesa batalla. Co emperador retido, caeu en Francia o Segundo Imperio e foi proclamada a Terceira República. O goberno republicano conseguiu milagrosamente que París non caese. En 1871 asinouse a Paz de Frankfurt, na que Francia cedía a Alemaña Alsacia e Lorena. En Versalles (Francia), Guillerme I foi aclamado como emperador de Alemaña, unificando as Confederacións do Norte e do Sur. Naceu así o Segundo Reich, baixo hexemonía prusiana. Alemaña converteuse na primeira potencia continental e a segunda económica do mundo.