Público (España): Diferenzas entre revisións

xornal dixital de España
Contido eliminado Contido engadido
MVF (conversa | contribucións)
Nova páxina: '''Público''' é un xornal de pago de España, editado en español e pertencente ó grupo Mediapro, presidido por Jaume Roures. O diario ten a súa...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de xullo de 2008 ás 20:29

Público é un xornal de pago de España, editado en español e pertencente ó grupo Mediapro, presidido por Jaume Roures. O diario ten a súa sede en Madrid e é de ámbito nacional. O xornal viu a luz por primeira vez o 26 de setembro de 2007. O seu prezo de venda é de 0.50 euros de luns a xoves e de 1 euro os venres, sábados e domingos.

O seu logotipo é o nome completo do xornal tipografiado en cor vermella acompañado á súa dereita da reprodución dunha acuarela de Miquel Barceló realizada para o xornal, que contén aparte de público a pé tamén unha bicicleta pública.

A orientación ideolóxica do diario encádrase dentro da esquerda e márcase como obxectivos o contribuír, a través da información e da opinión, a unha sociedade máis xusta, aberta, equitativa, solidaria e libre.

Persoal

O xornal está dirixido por Ignacio Escolar, o subdirector é Jesús Maraña e o director xeral Juan Pedro Valentín.

Os seus redactores xefes son Manuel Rico en Nacional, Íñigo Sáenz de Ugarte en Internacional, Amparo Estrada en Economía, Patricia Fernández de Lis en Ciencia, Nacho Rojo en Internet, Peio Hernández Riaño en Culturas e José Miguélez en Deportes.

A sección de Opinión conta con columnistas provenientes tanto do xornalismo como é o caso de Javier Ortiz, Manuel Saco ou Enrique Meneses, como do mundo da cultura como Rafael Reig, Espido Freire, Camilo José Cela Conde, José Antonio Labordeta ou o Gran Wyoming.

Os viñetistas que colaboran no xornal son Mauro Entrialgo, Santi Orúe, Manel Fontdevila, Pepe Medina e Bernardo Vergara, todos eles colaboradores tamén da revista de humor El Jueves.