Manuel Rico
xornalista español
Manuel Rico é un xornalista galego, nado no Bierzo.[1]
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarLicenciouse en Ciencias da Información na Universidade de Navarra.
Ten traballado para diversos xornais como El Correo Gallego, El Mundo nas edicións de Galiza e País Vasco, Interviú e a revista Tiempo. Entre 1995 e 1997 foi presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela.[2] En 2007, incorporouse ao equipo fundador do diario Público, onde foi xefe de Información e, en marzo de 2010, foi nomeado subdirector.[2] En 2013, pasou a formar parte do equipo fundador de InfoLibre.[1]
Destaca pola súa defensa das políticas denominadas de esquerdas[3].
Defínese como:
"Algunos dicen que hablar en términos de izquierda/derecha está desfasado (...) Pero si aceptamos esos términos, me considero de izquierdas, porque en mi opinión sabe combinar mejor los dos valores esenciales: libertad e igualdad. Y, como gallego, creo que el trabajo de algunas organizaciones nacionalistas 'periféricas' ha sido muy importante para defender culturas que algunos querían exterminar."[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Manuel Rico". infolibre.es (en castelán). Consultado o 22-12-2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Manuel Rico, nombrado subdirector de 'Público'". publico.es (en castelán). 9 de marzo de 2010. Consultado o 22-12-2019.
- ↑ A liña editorial do blog de Manuel Rico
- ↑ Charla co xornalista Arquivado 22-05-2011 en Wayback Machine. (en castelán)