Ignacio Escolar
Ignacio Escolar García, nado en Burgos o 20 de decembro de 1975, é un blogueiro e xornalista español que dirixe o xornal dixital eldiario.es e é analista político na radio e na televisión. Foi fundador e primeiro director do xornal Público.[1]
Ignacio Escolar | |
---|---|
![]() Escolar no 2014. | |
Nome completo | Ignacio Escolar García |
Nacemento | 20 de decembro de 1975 (45 anos) |
Burgos, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Relixión | ateo |
Ocupación | Xornalista |
Pai | Arsenio Escolar Ramos |
Premios | Ischia International Journalism Award e Premio Gabriel García Márquez de xornalismo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria xornalísticaEditar
Comezou a súa carreira xornalística en 1995,[2] colaborando en diarios como Cinco Días ou El Mundo e revistas como Muy Interesante, Rolling Stone, GEO ou Quo. En 1999, incorporouse ós informativos de Telecinco, como responsable dunha sección de Internet: "El Navegante", que se emitía no informativo da noite. En 2004, traballou como consultor de prensa en México e Ecuador. De volta a España, foi nomeado coordinador da web Informativos Telecinco. Deixou o posto para converterse en director adxunto de La Voz de Almería, Cadena SER Almería e Localia Almería, o que faría del, ademais, tertuliano nos programas La ventana e Hoy por hoy da Cadena Ser. Regresou a Madrid para ser o primeiro director do rotativo Público, que dirixiu dende a súa fundación, en setembro de 2007, deica a súa destitución, o 13 de xaneiro de 2009. Dende esa data até marzo de 2012 foi columnista diario de Público, téndose desvencellado deste xornal para fundar a cabeceira dixital eldiario.es.[3]
Tamén participou en tertulias políticas de TVE, como Los Desayunos de TVE, La noche en 24 horas ou 59 segundos (2007-2012), La vuelta al mundo (2009-2011) en Veo7, Las mañanas de Cuatro (2013-2014) con Jesús Cintora, El programa de Ana Rosa, El gran debate (2012-2013) e Un tiempo nuevo en Telecinco (2014).
É colaborador acotío de Hoy por hoy da Cadena SER e ten contrato de exclusividade con La Sexta colaborando nos principais programas da canle: Al rojo vivo (La Sexta) (2015-presente), Más vale tarde e La Sexta Noche (2015-presente). Colabora con medios internacionais como The Guardian, no Reino Unido, ou Clarín, na Arxentina.
NotasEditar
- ↑ Top 25 Internet Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. El Mundo. 3 de xaneiro de 2010
- ↑ [1] Currículum de Ignacio Escolar
- ↑ Ignacio Escolar prepara la cabecera digital 'eldiario.es'. El Financiero Digital, 28/3/2012