Jevon Carter: Diferenzas entre revisións

baloncestista estadounidense
Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Comezo dende enwiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2021 ás 11:05

Leroy Jevon Carter, nado o 14 de setembro de 1995 en Oak Park, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA).

Jevon Carter
Brooklyn Nets – No. 0
Posición Base
Información persoal
Nacemento 14 de setembro de 1995 (28 anos)
Missouri Oak Park, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Proviso East
(Maywood, Illinois)
Universidade West Virginia (2014–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: 2 / Elección: 32
Por Memphis Grizzlies
Carreira desde 2018
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2018–2019)
Memphis Hustle (2018–2019)
Phoenix Suns (2019–2021)
Brooklyn Nets (2021–presente)

Traxectoria profesional

O 21 de xuño de 2018, Carter foi escollido na 32ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Memphis Grizzlies. O 12 de xullo de 2018, Carter asinou o seu contrato de rookie cos Grizzlies.[1] Durante a súa primeira tempada na NBA, Carter foi asignado en varias ocasións ós Memphis Hustle, afiliado dos Grizzlies na NBA G League.[2]

O 7 de xullo de 2019, Carter foi traspasado xunto a Kyle Korver ós Phoenix Suns, a cambio de Josh Jackson, De'Anthony Melton, unha elección da segunda rolda do Draft de 2020, e outra da segunda rolda de 2021.[3] Cos Suns, Carter chegou ás Finais da NBA de 2021, pero perderon en seis partidos contra os Milwaukee Bucks.

O 6 de agosto de 2021, Carter foi traspasado xunto os dereitos do Draft de Day'Ron Sharpe ós Brooklyn Nets, a cambio de Landry Shamet.[4]

Notas

  1. "Memphis Grizzlies sign Jevon Carter to multi-year contract". NBA.com. 15 de xullo de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2018. 
  2. "2018-19 NBA Assignments". NBA.com. Consultado o 9 de novembro de 2018. 
  3. "Suns Complete Trade with Memphis". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  4. "Suns acquire Landry Shamet from Brooklyn". NBA.com. 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas