Robert Rodriguez: Diferenzas entre revisións

director de cine, guionista, produtor e músico estadounidense
Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de xuño de 2010 ás 00:20

Modelo:Director de cine

Robert Anthony Rodríguez, nado o 20 de xuño de 1968, é un director de cine estadounidense, ademais de guionista, produtor e músico. É coñecido por realizar diversos filmes, tanto independentes como de estudio, con poucos orzamentos. Principalmente roda e produce as súas películas nos estudios Troublemaker, dos que é dono, sitos en Austin, Texas.

A súa carreira en Hollywood comezou grazas á súa ópera prima, titulada El Mariachi (1993).

Traxectoria

Naceu en 1968 en San Antonio, Texas, de pais inmigrantes mexicanos. É o terceiro dos oito fillos da familia. Despois de rematar o instituto, estudou na Universidade de Texas.

Eu 1993 estreou El Mariachi, que escribiu, dirixiu, fotografiou, montou e gravou o son cun orzamento de 7.000 dólares. Columbia Pictures comproulle os dereitos e asinou un contrato de dirección de dous anos con Rodríguez. El Mariachi gañou o Premio do Público á Mellor Película Dramática do Festival de Cine de Sundance, como tamén outros galardóns nos festivais de Berlín, Múnic, Edimburgo, Deauville e Yubari. Deste filme hai que destacar tamén que foi estreado en lingua española.

Despois escribiu, produciu, dirixiu e montou Desperado (1995), unha secuela de El Mariachi, para Columbia Pictures. Esta película deu a coñecer a Salma Hayek ao público norteamericano, así como a Antonio Banderas nun papel protagonista. Rodríguez tamén escribiu, dirixiu e montou The Misbehavers (1995), que tamén protagonizou Antonio Banderas e que constitúe unha das catro partes de Four Rooms, de Miramax Films. Máis tarde, formou equipo con Quentin Tarantino en Del Crepúsculo al Amanecer, de Dimension Films. Rodríguez dirixiu un reparto que incluía a Tarantino, que se encargou de escribir o guión. O seguinte proxecto como realizador de Rodríguez foi The Faculty (1998), de Dimension Films, protagonizada por Josh Hartnett, Elijah Wood e Jordana Brewster.

En 2001, Robert Rodríguez creou Spy Kids, un éxito que foi espremido con Spy Kids 2 e Spy Kids 3-D: Game Over', que se estreou en Estados Unidos o 25 de xullo de 2003.

Logo no 2003 estreou a terceira entrega da triloxía El Mariachi, Érase una vez México.

Vida persoal

Estivo casado con Elizabeth Avellán desde 1990 até 2007, divorciándose dela pouco tempo despois de rodar o seu filme Planet Terror, cando iniciou unha relación sentimental coa actriz Rose McGowan, coa cal estivo prometido pero que se deixaron trala rodaxe de Machete

É curmán do actor Danny Trejo, co que colaborou en varias películas como, por exemplo, From Dusk Till Dawn (1996), Spy Kids (2001), ou Machete (2010).

Filmografía

 
Rodríguez canda Quentin Tarantino.