Benvido á Galipedia, Hipólito!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. AlberteSi, digame? 14:44, 21 maio 2008 (UTC)

ola Hipólito! ó crear artigos é importante que se adapten ó fomato wiki. Así, deben incluír ligazóns internas e externas e interwikis. Ademais deben ser categorizados segundo o tipo de artigo que sexan. Para calquera dúbida, consulta cun administrador, que de seguro che axudará e resolverá calquera cuestión. Ánimo! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 15:40, 22 maio 2008 (UTC)

Arenitos editar

Ola, Hipólito. Creaches un artigo sobre unha redirección que non existía... e borreino. Probablemente haxa algo que queiras facer e non sabes como. Se queres que che bote unha man, conta comigo. Un saúdo. --Xabier Cid 02:24, 24 maio 2008 (UTC)

traducións editar

ola Hipólito!

ó traducir un artigo doutra wikipedia, cómpre indicalo. Así, cando o crees, na zona de "resumo" debes indicar "traducido de es:Tsunami", para saber a procedencia. Así mesmo, ó igual que no artigo en galego se poñen as interwikis a outras wikipedias, está ben poñer na wii de procedencia unha ligazón ó artigo en galego.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 09:36, 24 maio 2008 (UTC)

plurais editar

Ola, non é necesario que crees redireccións dende os plurais. A forma correcta de escribilo é pechar o corchete antes do -s. :) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 22:08, 9 xuño 2008 (UTC)

(Teñen os mesmos problemas: Ficheiro:PraiadeOzaACoruña.JPG, Ficheiro:PraiadeOzaACoruña1.jpg, Ficheiro:PraiadeOzaACoruña2.jpg)

Grazas por subir estas imaxes. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, as fotos que subiches poderían ser borradas.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo  Lmbuga / Conversa comigo  08:50, 7 outubro 2009 (UTC)

Grazas a ti. Están correctas. Ademais engadinlles a caixa de datos. Así, cando queiras subir unha nova foto, só tes que editar unha desas, copiar todo o que hai, pegalo na caixa de resumo da subida da imaxe nova, e varialos.
Nesta ligazón podes ver tódalas imaxes que subiches (Ás veces, tempralmente a ligazón pode fallar).
Por certo, a Ficheiro:Vidromoldeadodobre.JPG tamén lle falta o dato da orixe que lle faltaba ás catro primeiras imaxes. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  07:18, 8 outubro 2009 (UTC)

Boas Hipólito ! Para intentar categorizar o artigo Estrutura afanítica que creaches, perquisei un pouco arredor do tema. O titulo co contido semellan confusos. A ver si podes axudar a aclarar e mellorar o artigo, olla a páxina Conversa:Estrutura afanítica. Se non se fai nada, eu estou a favor de pedir de borralo, en espera dun artigo mais axeitado. Xa sabes temos que acadar claridade colaborando de boa fé entre nós. Saúdos e gracias polo interes que lle das o proxecto --Elvira (Conversa comigo) 17:10, 30 de maio de 2012 (UTC)