O mariachi

filme de 1992 dirixido por Robert Rodriguez
(Redirección desde «El Mariachi»)

O mariachi (en castelán: El Mariachi) é un filme estadounidense[2] de western e acción dirixido por Robert Rodriguez que se estreou en 1992. Este filme foi o seu debut como guionista e director de longametraxes. Foi rodado en lingua castelá cun elenco de actores afeccionados na cidade fronteiriza mexicana Ciudad Acuña. Tivo un orzamento de só $7 000 e estaba prevista para ser distribuída no mercado de vídeo en México, pero ós executivos de Columbia Pictures gustoulles tanto o filme que mercaron os dereitos de distribución nos Estados Unidos. Columbia chegou a investir varias veces máis o orzamento inicial do filme de 16 mm nas transferencias a 35 mm, na súa promoción e distribución.[3]

O mariachi
Ficha técnica
Título orixinalEl Mariachi
DirectorRobert Rodriguez
Produtor
GuiónRobert Rodriguez
Intérpretes
Música
  • Eric Guthrie
  • Chris Knudson
  • Álvaro Rodriguez
  • Cecilio Rodriguez
  • Mark Trujillo
FotografíaRobert Rodriguez
MontaxeRobert Rodriguez
EstudioLos Hooligans Productions
DistribuidoraColumbia Pictures
EstreaToronto: 15 de setembro de 1992
Sundance: 8 de xaneiro de 1993
26 de febreiro de 1993
Duración81 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos[2]
XéneroAcción
Orzamento$7 000
Recadación$2 000 000
Filme seguinteDesperado
Na rede
IMDB: tt0104815 Filmaffinity: 442005 Allocine: 8359 Rottentomatoes: m/el_mariachi Mojo: elmariachi Allmovie: v15478 TCM: 436318 Metacritic: movie/el-mariachi TV.com: movies/el-mariachi Editar o valor em Wikidata

O éxito do debut de Rodriguez como director levouno a continuar a historia con outros dous filmes, Desperado (1995) e O mexicano (2003). Nas dúas secuelas, Antonio Banderas interpretou o papel de Carlos Gallardo como El Mariachi. Gallardo co-produciu ámbolos dous filmes e tivo un papel menor en Desperado.

No ano 2011, El Mariachi foi engadido no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América para ser preservado por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo". Tamén ten o récord Guinness por ser o filme con menor orzamento en conseguir máis dun millón de dólares de recadación.[4]

Estreouse en galego o 8 de maio de 1996 a través da TVG.[5]

Personaxes editar

  • Carlos Gallardo como El Mariachi
  • Consuelo Gómez como Dominó
  • Peter Marquardt como Mauricio (a.k.a. Moco)
  • Reinol Martínez como Azul
  • Jaime de Hoyos como Bigotón
  • Ramiro Gómez como Camareiro
  • Jesús López Viejo como Clerk
  • Luis Baro como asitente de Dominó
  • Óscar Fabila como o rapaz

Notas editar

  1. British Board of Film Classification, ed. (1 de xullo de 1993). "EL MARIACHI (15)". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 British Film Institute (ed.). "El Mariachi". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2011. Consultado o 26 de abril de 2012. 
  3. Shone, Tom (25 de novembro de 2009). The Guardian, ed. "Paranormal Activity and the myth of the shoestring shocker". Londres. Consultado o 1 de maio de 2010. 
  4. Oscars 2015: The Guinness World Records alternative Academy Award
  5. La Voz de Galicia, 8 de maio de 1996. Páx. 78

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar