Granxa de Barreiros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de xuño de 2010 ás 21:16

A granxa de Barreiros é un proxecto pedagóxico creado en 1948 por Antonio Fernández López (o maior dos fillos de Antón de Marcos) en Barreiros, na parroquia de Ortoá (Sarria).

Historia

A intención do empresario e filántropo lugués era crear unha escola de orientación agraria para mestres, de forma que integrasen a cultura galega e os ciclos da natureza na formación escolar. Tamén quería promover a creación de hortas escolares nas escolas públicas da provincia. O proxecto e os edificios da granxa foron deseñados polo arquitecto galego Manuel Gómez Román.

O seu primeiro director foi Avelino Pousa Antelo, que antes da guerra civil fora membro das Mocidades Galeguistas, facendo unha forte campaña a prol do Estatuto de Autonomía de 1936. Profundamente agrarista e cooperativista, en 1946 obtivera unha bolsa na Misión Biolóxica que dirixía Cruz Gallástegui Unamuno en Salcedo (Pontevedra).

Desde 1948 até a súa morte a institución foi sostida por Antonio Fernández López. Na actualidade segue a funcionar, plenamente integrada nos plans educativos promovidos polo Colexio Fingoi de Lugo. Está xestionada polo Instituto Galego de Educación Medioambiental A Ponticela, baixo a dirección de Siña Fernández Puentes, filla do fundador.

Véxase tamén

Ligazóns externas