Bosón da Provenza

O conde Bosón ou Bosón V da Provenza, nado posibelmente en 844 e finado o 11 de xaneiro de 887, foi un nobre franco da familia bosónida, emparentada coa dinastía carolinxia, que chegou a converterse en rei da Provenza desde o 879 ata a súa morte[1].

Infotaula de personaBosón da Provenza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento844 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xaneiro de 887 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Vienne, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVienne Cathedral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloKing of Lower Burgundy (en) Traducir (879–887) Editar o valor em Wikidata
FamiliaBivinids (en) Traducir e Bosónidas Editar o valor em Wikidata
CónxuxeErmengarda de Italia
unknown wife (?) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosLois III o Cego
 () Ermengarda de Italia
Engelberga da Provença (pt) Traducir
 () Ermengarda de Italia
Guilla da Provença (pt) Traducir
 () unknown wife (?) (en) Traducir
Ermengarde (en) Traducir
 () Ermengarda de Italia Editar o valor em Wikidata
PaisBivín de Viena (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Richildis of Arles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRicardo, Duque da Borgonha (pt) Traducir e Riquilda da Provença (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bosonid-1

Traxectoria editar

Bosón era fillo de Bivín de Viena, conde de Lotarinxia. A súa tía Teutberga era a esposa de Lotario II de Lotarinxia. Á súa vez, Bosón tamén era sobriño do conde italiano de Boso, do que recibiu o seu nome , e de Hucbert, abade de Saint Maurice d'Augane, ao que sucedeu á fronte da abadía en 869.

Servizos de Carlos o Calvo editar

En 870, Carlos o Calvo, rei de Francia Occidental, casou con Riquilda da Provenza, irmá de Bosón. Este matrimonio achandou a carreira de Bosón ao servizo do seu real cuñado. Nese mesmo ano foi nomeado conde de Lión e Vienne, substituíndo a Gerard de Roussillon.

En 872, Carlos nomeouno mordomo e magister ostiariorum (xefe de porteiros) para o seu herdeiro Lois o Tatexo. Igualmente, foi investido conde de Bordeus. Lois estaba naqueles momentos actuando como rei de Aquitania, pero debido á súa mocidade era Bosón o que realmente administraba o territorio.

No outono de 875, Bosón acompañou a Carlos na súa primeira campaña italiana, e na Dieta de Pavía de febreiro de 876 foi nomeado arquiministro e missus dominicus para Italia, e elevado ao rango de duque. Posibelmente encomendóuselle o goberno da Provenza. Actuou como vicerrei e incrementou o seu prestixio aínda máis ao contraer matrimonio con Ermengarda de Italia, a única filla do emperador Lois II o Mozo.

Caída en desgraza editar

Bosón desaprobaba a segunda campaña italiana de Carlos en 877 e conspirou con outros nobres contra o seu rei. Tras a morte de Carlos en outubro, estes nobres forzaron ao fillo de Carlos a confirmar os seus dereitos e privilexios.

Bosón tamén se relacionou co papado e acompañou ao papa Xoán VIII durante a súa viaxe a Troyes en setembro de 878, na que o Papa solicitou ao rei Lois axuda para Italia. O Papa adoptou a Bosón como o seu fillo, e posibelmente ofreceuse a coroa de emperador a Lois, aínda que se di que quixo coroar a Bosón[2].

Goberno independente editar

 
Reino de Bosón en 881.

En abril de 879, Lois II faleceu, deixando dous fillos adultos, Lois e Carlomán. Bosón uniuse a outros nobres e apoiou a candidatura de Lois como herdeiro único, pero finalmente ambos os irmáns foron elixidos reis conxuntamente. Bosón, con todo, negouse a xurar lealdade a ambos os irmáns e proclamou a súa independencia en xullo usando o estilo Dei gratia id quod sum («Pola Graza de Deus, iso é o que son»). Reclamou tamén que o seu imperial sogro o nomease herdeiro. O 15 de outubro de 879, os bispos e nobres da rexión situada ao redor dos ríos Ródano e Saona reuníronse no sínodo de Mantaille e elixiron a Bosón como rei sucesor de Lois o Tatexo, o primeiro rei non carolinxio da Europa occidental en máis dun século. Este acontecemento é a primeira aparición dunha «elección libre» entre os francos sen consideración a descendencia real e inspirado nun principio canónico de elección eclesiástica[3].

Os dominios de Bosón, coñecidos habitualmente como Reino da Provenza ou Reino da Baixa Borgoña, comprendían as provincias eclesiásticas dos arcebispados de Arlés, Aix, Vienne, Lión (excepto Langres), e probabelmente Besançon, así como as dioceses de Tarentaise, Uzès, e Viviers.

Tras a división do reino entre Lois e Carlomán en Amiens en marzo de 880, os dous irmáns marcharon conxuntamente contra Bosón. Tomaron Mâcon e a zona norte do reino de Bosón. Despois, unidos ás forzas de Carlos III o Gordo, cercaron Vienne infrutuosamente entre agosto e novembro.

En agosto de 882, Bosón foi novamente cercado en Vienne polo seu parente Ricardo de Borgoña, conde de Autun, que capturou a cidade en setembro. Tras isto, o territorio de Bosón quedou reducido aos arredores de Vienne.

Faleceu en 887, sucedéndoo o seu fillo Lois III o Cego.

Descendencia editar

Bosón foi o antecesor de tres exitosas liñaxes coñecidas como bosónidas polos historiadores modernos. A través do seu matrimonio con Ermengarda de Lotarinxia tivo dúas fillas, a parte do xa mencionado Lois III: Ermengarda (877-917) que casou co Conde de Chalon, e Ethelberga, casada en primeiras nupcias con Carlomán e despois con Guillerme o Piadoso, conde de Auvernia[4].

É tamén posíbel, aínda que non seguro, que a famosa Guilla da Provenza, raíña da Alta Borgoña, fóra a súa filla, presumibelmente dun matrimonio anterior ao de Ermengarda.

Notas editar

  1. A súa tía Tetburgis/Teutberga, filla de Bosón o Vello, o seu avó materno, estaba casada con Lotario II de Lotarinxia. (Constance B. Bouchard, «The Bosonids or Rising to Power in the Late Carolingian Age» French Historical Studies 15.3 (Spring 1988, pp. 407-431) genealogical table, p.409.
  2. Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LXI Guglielmo Gonzaga – Jacobini. Roma, 2003.
  3. Constance B. Bouchard, «The Bosonids or Rising to Power in the Late Carolingian Age» French Historical Studies 15.3 (Spring 1988), pp. 407-431.
  4. Riché, Les Carolingiens: Une famille qui fit l'Europe, genealogical table XII (Bosonides).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar