Grimoaldo I de Benevento

rei dos longobardos

Grimoaldo I de Benevento foi un nobre italiano do século VII, duque de Benevento, que chegou a rei dos longobardos.

Grimoaldo I de Benevento
Nacementoc. 610
Lugar de nacementoCividale del Friuli
Falecemento671
Lugar de falecementoPavia
SoterradoPavia
Ocupaciónmonarca
PaiXisulfo II de Friúl
NaiRomilda of Friuli
CónxuxeTheodota
FillosGaribaldo, Romualdo I de Benevento e Gisa von Benevent
IrmánsRadoaldo de Benevento, Caco de Friul e Tasón de Friúl
Na rede
WikiTree: Friuli-44
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado antes de 610, fillo do duque longobardo Xisulfo II do Friúl e da princesa baiuvaria Ramhilda, filla de Garibaldo, duque de Baviera. Sucede ao seu irmán Rodoaldo á cabeza do ducado de Benevento en 647 e casa coa princesa Teodota, filla do rei longobardo católico Ariperto.

En 662, despois do derrocamento dos reis irmáns Perctarito e Godeperto, convértese en rei dos longobardos, deixando o ducado beneventino ao seu fillo máis vello Romualdo. Bo xefe militar, o seu reino está marcado por numerosas guerras nas fronteiras. Sae vitorioso varias veces sobre os bizantinos dirixidos polo emperador Constante II en persoa, que cercara Benevento, sobre os francos, aliados co rei Perctarito, en Asti, sobre os ávaros, entre os que vivira como refén na súa xuventude e finalmente sobre as poboacións eslavas do nordeste de Italia, sometendo a nobreza rebelde e os ducados autonomistas como os de Spoleto e do Friúl. Para someter este último, manda chamar os ávaros para devastar o ducado. Morre de morte natural en 671. A súa morte marca o inicio do poder da nobreza fronte ao poder real.

No plano relixioso, parece que Grimoaldo foi un ariano aínda moi impregnado de paganismo longobardo, malia a súa unión cunha princesa católica; en todo caso, non se sente moi interesado pola relixión en xeral e é bastante hostil á Igrexa e ao Papado. Con todo, está na orixe do culto de san Miguel entre os longobardos, percibíndoo estes últimos como un santo guerreiro protector do seu pobo. Parece igualmente que san Miguel substituíu probablemente o seu antigo deus da guerra, Wotan (ou Odín).

Os búlgaros de Benevento editar

O rei Grimoaldo está na orixe da presenza de búlgaros en país beneventino. Tras acoller, sobre 665, a estes últimos como simples mercenarios co seu khan Alzec (Alzek, Alzeco), este último decide ficar en Italia e convértese en duque e «gastald» longobardo. Polos servizos prestados, Grimoaldo instálaos no ducado de Benevento con mulleres e fillos e implántanse en Molise, rexión bastante ruda situada ao norte de Benevento, nas terras desoladas que comprenden as cidades de Boiano, Campobasso, Iserno, Sepino, Roccamandolfi, Morionne, Vicenne; a capital búlgara estaba sita na actual aldea de Cantalupo nel Sannio, cuxo nome viría do búlgaro «Khân-Teleped» que significa a «Base do Khan».

Estes búlgaros forman un agrupamento distinto polo menos ata principios do século IX, conservando os seus usos e costumes e mesmo a súa lingua (isto pode aclararnos un feito importante: un século e medio despois da súa chegada a Italia, estes búlgaros, pouco numerosos, continuaban a falar a lingua dos seus devanceiros). O erudito longobardo Paulo Diácono menciónaos igualmente na súa preciosa «Historia dos longobardos» (acabada sobre 789), precisando que este destacamento do pobo búlgaro coñecido co nome de «Búlgaros de Benevento», practicaban aínda a súa lingua falando tamén o dialecto local ou o latín. Destacamentos eslavos seguen os búlgaros e fíxanse tamén na rexión. Deixan de formar probabelmente un grupo distinto no curso do século IX. Con todo, parece aínda que en plena época da Italia normanda (século XI/XII), algúns grupos se definen aínda como búlgaros, xustamente na rexión de Molise, a menos que se trate dunha inmigración búlgara posterior.

Herdanzas editar

  • Numerosas tumbas características dos pobos das estepas (tumbas con inhumación de cabalos, con ou sen guerreiro) foron atopadas en Molise e nos Abruzzi.
  • Xeneticamente, semella que hai aínda nos nosos días un número non desprezábel de italianos da rexión do Molise e dos arredores que conservaron un tipo físico «exótico», herdanza destes antigos cabaleiros asiáticos implantados nesta rexión retirada e bastante desértica.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ducado de Benevento

Segue a:
Radoaldo de Benevento
Grimoaldo I de Benevento
Precede a:
Romualdo I de Benevento
Reino longobardo

Segue a:
Perctarito
Grimoaldo I de Benevento
Precede a:
Garibaldo