Henrique III de Bar

Henrique III de Bar, nado en 1259 e finado en Nápoles en setembro de 1302, foi conde de Bar desde 1291 ata 1302. Era fillo de Teobaldo II, conde de Bar, e de Xoana de Toucy.

Henrique III de Bar
Nacemento1259
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecementosetembro de 1302
Lugar de falecementoNápoles
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónfeudatario
PaiTheobald II, Count of Bar
NaiJeanne of Toucy
CónxuxeLeonor da Inglaterra
FillosEduardo I de Bar, Jeanne van Bar e Lady Eleanor de Bar
IrmánsReginald of Bar, Theobald, Bishop of Liège e Philippa de Bar
Na rede
WikiTree: Bar-290
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 

Fixeron as súas primeiras armas durante un conflito entre o pai e o bispo de Metz, Bucardo de Avesnes; logo serviu a Frederico III, duque de Lorena. Dispoñíase a partir para loitar a Terra Santa cando morreu seu pai.

Sete anos antes, a condesa de Champaña Xoana I casara co futuro rei de Francia Filipe IV o Belo, facendo do Barrois o veciño inmediato do dominio real. Desexando manter boas alianzas cun veciño tan poderoso, casou en 1293 con Leonor, filla do rei Eduardo I de Inglaterra (1269-1297).

A guerra pronto estalou entre Francia e Inglaterra e Henrique estivo implicado nos conflitos, que rematou o 4 de xuño de 1301 polo Tratado de Bruxas. Henrique tivo que lle ceder algunhas forzas ao seu poderoso veciño, pero sobre todo renderlle homenaxe a Filipe IV de Francia por unha parte do seu condado que se chamará Barrois Movedizo e prometeu ir a Chipre para loitar contra os infieis.

Foi ao reino de Nápoles para embarcarse cara Oriente. En Nápoles prestou axuda ao rei Carlos II, que tivo que rexeitar unha invasión do rei Frederico I de Sicilia. Foi ferido grave durante un enfrontamento e morreu pouco despois.

Matrimonio e fillos editar

Casou en Bristol o 20 de setembro de 1293 con Leonor de Inglaterra (1269- 1297), filla de Eduardo I de Inglaterra, rei de Inglaterra e Leonor de Castela e tivo:

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Georges Poull, La Maison souveraine et ducale de Bar, 1994