Lionor de Blois
Lionor de Blois ou de Champaña,[1] nada en 1104 e finada en 1141, filla de Estevo II de Blois, conde de Blois, Chartres e Meaux, e de Adela de Inglaterra, foi unha condesa francesa esposa de Raúl I o Bravo, conde de Vermandois e conde de Valois. Algunhas xenealoxías [2] atribúenlle un fillo Hugo II que se tería feito monxe co nome de Félix de Valois, pero esta afirmación parece unha broma do século xvi.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1102 |
Morte | 1147 (Gregoriano) (44/45 anos) |
Lugar de sepultura | illa Bisentina |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Condesa |
Cónxuxe | Raúl I de Vermandois |
Fillos | Fiz de Valois |
Pais | Estevo II de Blois e Adela de Normandía |
Irmáns | Einés de Blois Adela de Blois Matilde de Blois Henrique de Blois Teobaldo II de Champaña Estevo I de Inglaterra Guillerme de Sully Odón de Blois |
O seu matrimonio con Raúl de Vermandois foi disolto a petición de Aliénor de Aquitania, cuxa irmá Petronila de Aquitania estaba namorada de Raúl.
Notas
editar- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ Como genealogy.eu, de Miroslav Marek