Condado de Meaux
xurisdición feudal de Francia
O condado de Meaux foi unha xurisdición feudal de Francia en Champaña, centrada na cidade de Meaux. O seu principal centro relixioso foi o mosteiro de Santa Cruz fundado no 660 polo bispo Farón. O condado foi gobernado por Lois o Tatexo antes de ser rei e máis tarde foi dado ao Nibelúnxida Teodeberto, irmán do bispo de París Anscarico, do cal pasou a Heriberto I que tamén gobernaba no condado de Soissons e no de Vexin e que con Vermandois formou un distrito militar para loitar contra os normandos. Heriberto abriu a dinastía de Vermandois.
Lista de condes
editar- 862 - 877: Lois o Tatexo (m. 879) (rei de Francia 877-879).
- 877 - 896: Teodeberto, irmán de Anscarico (bispo de París).
- 896 - 902: Heriberto I de Vermandois (m. 902), conde de Vermandois.
- 902 - 943: Heriberto II de Vermandois (m. 943), conde de Vermandois, fillo do anterior, casado con Adela, filla de Roberto I rei de Francia.
- 943 - 966: Roberto II de Vermandois (m. 966), conde de Meaux (943-967) e de Troyes (956-967), fillo do anterior, casado con Adelaida Werra, condesa de Troyes, filla de Xilberto de Chalon, conde de Chalon e principal de Borgoña.
- 967 - 995: Heriberto III de Vermandois, conde de Meaux e Troyes, fillo do anterior.
- 995 - 1022: Estevo I de Troyes, conde de Meaux e Troyes, fillo do anterior.
- 1022 - 1037: Eudes II de Blois (983 - 1037), conde de Blois, Reims, Meaux e Troyes, primo do anterior, descendente de Heriberto II de Vermandois. Casou en primeiras nupcias en 1103 con Matilde de Normandía (m. 1006) e en segundas nupcias con Ermengarda de Auvernia.
- 1037 - 1047: Estevo II (m. 1047), conde de Meaux e Troyes, fillo do anterior (da segunda esposa).
- 1047 - 1066: Eudes II (m. 1115 ), conde de Meaux e Troyes, fillo do anterior, acompañou a Guillerme o conquistador ata Inglaterra e estableceuse alí. Os seus dominios estaban dominados polo seu tío
- 1066 - 1089: Teobaldo I (1019 - 1089), conde de Blois, Meaux e Troyes, tío do anterior, fillo de Eudes I e Ermengarda de Auvernia. Casou en primeiras nupcias con Xersenda do Maine e en segundas nupcias con Adelaida de Valois
- 1089 - 1102: Estevo Henrique, (m. 1102 ), conde de Blois e Meaux, fillo de Teobaldo I e Xersenda do Maine. Casou con Adela de Normandía.
- 1102 - 1151: Teobaldo II, (m. 1152), conde de Blois e Meaux, conde de Champaña en 1125, fillo do anterior.