Condado de Vexin

artigo de listas da Wikimedia

O Condado de Vexin era unha xurisdición feudal de Francia, que desde o 911 se dividiu entre Francia e Normandía.

Escudo de Lois de Francia, conde de Vexin
Condados de Francia sobre 1030.
Condados de Francia sobre 1180.

O Vexin francés editar

O condado de Vexin aparece arredor do ano 800. O primeiro señor foi Nebelon, da chamada dinastía nebeliana que era fillo de Khildebrand de Borgoña e neto de Pipino de Heristal; o seu fillo Nebelón II xa levou o título de Conde de Vexin.

Lista de condes editar

  • Romualdo sobre 753-764.
  • Regnaldo, ?.
  • Grifón, contra 790.
  • Rifero, sobre 796.
  • Nebelón ou Nibelungo I c. 800.
  • Nebelón ou Nibelungo II (fillo) c. 840.
  • Xeileno (Geilenus) sobre 850-864, conde de Meulan.
  • Nibelungo III 864-despois do 879.
  • Teodorico I (fillo) sobre 880-886.
  • Adelram (II) e Teodorico II, defensores de Pontoise, sobre 886-890, sobriños.
  • Walerno I (fillo de Nebelón), Nebelón ou Nibelungo IV (fillo de Walerano), Walerano II, condes á parte de Vexin ou preto de Vexin.
  • Ermenfredo de Amiens, conde de Amiens, de Vexin e de Valois antes de 895-919.
  • Hildegarda 919-926? (filla).
  • Raúl I de Vexin (Raúl I de Ostrevant) conde de Vexin, Amiens e Valois por dereito da súa muller 919-926.
  • Raúl II de Vexin, conde de Vexin, Amiens e Valois 926-943 (fillo).
  • Gautier I de Vexin contra 943-995 conde de Vexin, Amiens e Valois (irmán).
  • Gautier II de Vexin contra o 995, despois do 1017, conde de Vexin, Amiens e Valois (fillo).
  • Dreux de Vexin sobre 1020-1035, conde de Amiens e Vexin (fillo).
  • Gautier III de Vexin 1035-1063, conde de Amiens e Vexin (fillo).
  • Raúl III de Vexin 1063-1074, conde de Valois como Raúl IV (1038) e logo de Amiens e Vexin, primo (o seu pai Raúl III era conde de Valois; Raúl III era fillo de Gautier II).
  • Simón de Vexin 1074-1077, conde de Vexin, Amiens e Valois.
  • á coroa francesa 1077, agás a parte que posuía o duque de Normandía, que lle foi recoñecida.
  • Lois de Francia (máis tarde rei Lois VI de Francia ), conde do francés Vexin 1092-1108.

O Vexin normando editar

Unha parte do condado de Vexin, situada ao oeste do río Epte, pasou a Rolón, duque de Normandía, en 911. En 1096 construíu o castelo de Gisors como defensa contra o condado francés de Vexin.

En 1149, Henrique II Plantagenet lle cedeu o condado a Lois VII de Francia como pago da súa axuda contra Estevo de Blois. Lois VII cedeulle en 1160 á súa filla Margarida, casada con Henrique o Novo, o fillo máis vello de Henrique II. En 1193 o rei Filipe Augusto ocupouno, pero devolveuno en 1199, aínda que conservou o castelo de Gisors. O 1204 incorporouse con Normandía á coroa francesa.

Lista de condes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar